Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

10
Set
2010
"España reparou xa gran parte de consecuencias da Guerra Civil".
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por EFE para "Público"   
(*) O ministro de xustiza español non cré non principio de Verdade, Xustiza e Reparación.

"España reparou xa gran parte de consecuencias da Guerra Civil".

Francisco Caamaño asegura que "estudará" calquera petición da  xustiza arxentina.



O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, durante a rolda de prensa que ofreceu ao termo da reunión do Consello de Ministros.


O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, dixo hoxe, en relación coa decisión da Xustiza arxentina de reabrir unha investigación sobre os crimes do franquismo, que en España se repararon gran parte das consecuencias da Guerra Civil e da ditadura".

Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, Caamaño engadiu que, baixo distintos Gobernos, recoñecéronse indemnizacións, outorgado pensións e rehabilitado funcionarios e lembrou que, coa Lei de Memoria Histórica, declarouse ademais a "ilexitimidade" dos consellos de guerra franquistas e das sentenzas que vulneraron dereitos fundamentais.

"Por tanto, creo que ben pola acción do Goberno, ben pola acción do Parlamento, e tamén pola acción dos tribunais, habemos ir pondo remedio a aquela situación", sinalou o ministro, para quen no entanto "sen dúbida queda aínda tarefa por facer".

Caamaño asegurou, en calquera caso, que respecta a decisión dos tribunais arxentinos e que o Goberno "estudará" calquera petición que estes lle formulen.

O tribunal de apelacións de Buenos Aires que o pasado día 4 acordou reabrir a investigación sobre os crimes do franquismo arquivada antes por un xuíz solicitou ao Goberno español que informe sobre se se están investigando os crimes levados a cabo durante o período comprendido entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977.


(*)O texto de cór azul non aparece no diario "Público"


Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg