Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

06
Set
2010
Álava: 74 anos desaparecidos.
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Francisco Góngora para "Elcorreo.com"   
Álava: 74 anos desaparecidos.

Tres labradores asasinados e enterrados nunha fosa común do porto da Tejera, xunto a Salinas de Añana, recibiron onte unha cálida homenaxe.




Neves Barredo, unha das netas, lanza un bico a Primitivo no monólito da Tejera


Primitivo Fernández de Labastida, labrador de Santa Gadea del Cid (Burgos), era un home bo e ilustrado. Foi asasinado durante a madrugada do 3 de setiembre de 1936 xunto ao matrimonio campesiño formado por Mónica Barrón e Florentino García, nunha cuneta do porto da Tejera, entre Paúl e Salinas de Añana. Enterrárono o venres no cemiterio do seu pobo despois do seu funeral e onte foi homenaxeado no mesmo lugar pola súa familia, a asociación Ahaztuak e achegados de vítimas do franquismo. Estiveran 74 anos desaparecidos, executados por un pelotón de golpistas contra a República e enterrados nunha fosa común, sen piedade nin dignidade, xunto á estrada, baixo un manto de terra e esquecemento.

A chegada da democracia en 1976 non trouxo ningún consolo a Iluminación e Pilar, as fillas de Primitivo, nin aos seus netos. Ambas padeceran a terrible dor de non saber onde estaba o seu pai e a angustia de non poder preguntar. «Na escola fixéronme pensar que tiña que ser un criminal. Había unha compañeira cuxo pai morrera na fronte como soldado de Franco. Era como un heroe. Pero o meu pai debía ser moi malo e non se falaba del. Paseino moi mal», relataba Pilar, nacida en Junguitu, quince días despois da morte de Primitivo.

«Nunca empuñou unha arma»

Iluminación tiña 10 anos cando llo levaron «á unha da madrugada». Lembra a súa bondade e o seu amor aos libros. «Era un home de esquerdas, pero nunca empuñara unha arma». A muller sabe que os executores están mortos.

Nun emotivo discurso, Pilar agradeceu ao Goberno vasco, a veciños de Salinas e á asociación Ahaztuak a axuda recibida para atopar ao seu pai, cando estaban a piques de abandonar. «O meu pai está xa no cemiterio, onde debía estar. Pero ao que se atope na mesma situación dígolle que indague, que nunca deixe de buscar, que non perda a esperanza».


Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg