01 Set 2010 |
Catalunya aproba "dignificar" as fosas comúns da guerra civil.
|
Catalunya aproba "dignificar" as fosas comúns da guerra civil. O regulamento regula as condicións e procedementos que deben seguirse para localizar e recuperar os restos de persoas desaparecidas entre 1936 e 1975. ![]() Crea un censo de desaparecidos, mapas de localización de fosas e tamén que o Govern deberá acordar cos concellos protocolos de actuación para "dignificar" as fosas comunas situadas nos cemiterios municipais. Entre as primeiras actuacións, prevese unha intervención na fosa situada no cemiterio de Lleida. O censo de desaparecidos di na actualidade que hai máis de 3.600 desaparecidos neste período e 179 fosas, e estanse facendo os traballos correspondentes para comprobar se existen un sesenta fosas máis. A Lei de Fosas é pioneira no estado español e recoñece o dereito que teñen os familiares dos desaparecidos de obter información sobre o destino que tiveron, a sinalización e lugares públicos das fosas e o dereito dos cidadáns a saber todo o que ocorreu durante a Guerra Civil e o Franquismo. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|














