Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

31
Ago
2010
As fosas comúns do cemiterio de Lleida serán por fín rehabilitadas.
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por M. Bernaus para "La Mañana de Lleida"   
As fosas comúns do cemiterio de Lleida serán por fín rehabilitadas.

O cemiterio de Lleida será o primeiro no que se actuará para dignificar as fosas comúns. Así o anunciou onte o secretario de Relacions Institucionals i Participació, Josep Vendrell, en declaracións a Catalunya Ràdio.


A actuación será posible grazas a que, tal e como explicou onte Vendrell, o Govern prevé aprobar, no próximo Consell Executiu da Generalitat, o regulamento da Llei de Fosses, un dos eixos básicos da recuperación da memoria histórica en Catalunya.

Co novo regulamento facilitarase a atención ás peticións para exhumar ou dignificar as fosas da Guerra Civil en Catalunya.

No caso de Lleida, explicou onte a este xornal o alcalde de Lleida, Àngel Ros, a actuación será para o tres fosas comúns que hai no camposanto leridano, e nas que hai combatentes de ambos os bandos da Guerra Civil así como os falecidos (na súa maioría nenos) no bombardeo do Liceu Escolar.

A actuación, que recibiu unha subvención da Generalitat de 42.000 euros, consistirá en levantar tres monumentos, un para cada fosa, coa inscrición dos nomes dos falecidos.

O alcalde tamén quixo destacar que o feito de inscribir o nome dos falecidos suporá "dignificar e lembrar os mortos dos dous bandos, xa que toda a poboación sufriu durante a Guerra".

Segundo Vendrell, a actuación no cemiterio de Lleida comezará durante este outono, aínda que Ros xa apuntou a que, se é posible, traballarase para que o monumento estea listo para o próximo 1 de novembro, Día de Todos os Santos.

A recuperación das fosas comúns da Guerra Civil é un tema que levanta polémica en toda Catalunya. Un dos grupos municipais leridanos que é máis favorable ao proceso para que leve a cabo a dignificación das fosas comúns do cemiterio de Lleida e sobre todo a que conta con combatentes do bando republicano é ERC, grupo que onte, por boca do seu concelleiro Francesc Mitjans, valorou moi positivamente a iniciativa. Ademais, Mitjans explicou que a dignificación das fosas é un inicio, que debe ter continuidade con outras actuacións para lembrar os feitos da Guerra Civil como crear unha ruta histórica (que podería chamarse Lleida sota lles bombes ou A Ruta do Liceu) que lembre os feitos acontecidos na cidade durante a Guerra Civil.

Tamén partidario de recuperar a memoria histórica mostrouse onte o portavoz do grupo municipal de ICV no Concello de Lleida, Ramon Camats, quen apuntou que a iniciativa lle parece moi positiva en tanto que "recuperala non supón en ningún caso reabrir vellos enfrontamentos, senón coñecer a historia para non repetir situacións similares".

Tamén desde o grupo municipal de CiU o portavoz Isidre Gavín quixo resaltar que "todo o que implique dignificar a memoria das persoas e das vítimas é positivo, xa sexan as vítimas dunha guerra ou do terrorismo", pero agregou que é importante que esta dignificación sexa para as vítimas inocentes dos dous bandos.

No entanto, o PP móstrase contrario a este proceso. A presidenta deste partido na provincia de Lleida, Dolors López, afirmou que desde a súa formación sempre se apostou por non reabrir vellas feridas. Ademais, López agregou que non cre que sexa o momento máis adecuado para aprobar unha lei sobre as fosas comúns, agora que se acaba a lexislatura.

A nova lei, pioneira no Estado, suporá que o Govern actúe sobre unhas 40 peticións para exhumar ou dignificar fosas da Guerra Civil. Unhas peticións que, segundo avanzou Vendrell, atenderanse a partir do mes de setembro, cando se volva a reunir o grupo de expertos que debe decidir como se priorizan as actuacións.

Actualmente, o censo de desaparecidos co que traballa a Generalitat é duns 3.600 nomes e o mesmo estará dispoñible para as familias dos desaparecidos.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg