Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

28
Ago
2010
Díaz Pardo apoia a creación dun memorial de vítimas do franquismo.
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por La Opinión de A Coruña   
Díaz Pardo apoia a creación dun memorial de vítimas do franquismo.

O artista e intelectual Isaac Díaz Pardo apoia a iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña de instalar un memorial de vítimas do franquismo na zona do Campo da Rata. Nese lugar atópase o monumento deseñado polo propio Díaz Pardo en recordo aos fusilados alí mesmo durante a Guerra Civil, polo que entregou á comisión un bosquexo sobre a forma na que este proxecto podería integrarse dentro do conxunto escultórico. O memorial conterá os nomes de 600 persoas de dez municipios da comarca coruñesa que foron asasinadas polos sublevados franquistas tras o inicio da contenda, de acordo cos datos recolleitos polo programa Voces e nomes, no que participaron o tres universidades galegas. Díaz Pardo expresou a súa intención de solicitar ao alcalde coruñés, Javier Losada, que o Concello colabore na posta en marcha deste proxecto, para o que a comisión dispón dunha subvención concedida polo Ministerio da Presidencia, polo que a súa execución non suporía ningún custo para a administración municipal. Os familiares das vítimas pediron entrevistarse co tres grupos políticos do Concello para que apoien esta homenaxe e que se realice co maior consenso posible.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg