Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

28
Xul
2010
Faleceu en Bos Aires a destacada locutora galeguista Maruxa Boga
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Lois Pérez Leira e Juan José Fernández Ageitos para CRMH   
Faleceu en Bos Aires a destacada locutora galeguista Maruxa Boga



Castelao con Maruxa Boga.


Faleceu 0 26 de xullo en Bos Aires ás 5 da tarde a destacada galeguistas Maruxa Boga. Foi unha das mulleres máis destacadas da emigración galega. Era filla de emigrantes. Durante varias décadas dirixiu o programa radial “Recordando Galicia”.

O programa era dirixido por Maruxa Boga, xunto con Alfredo Aróstegui (o recordado "Relator Olímpico"). O programa naceu un 5 de agosto de 1945 e durou ata o último domingo de marzo de 1984. Por alí pasaron personaxes da colectividade como  Castelao, o artista Manuel Colmeiro o destacado escritor Eduardo Branco-Amor e outras figuras da cultura galega e Arxentina como, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Xosé Núñez Búa, Antonio Alonso Pérez, Fernando Iglesias "Tacholas", Maruxa Villanueva, e o recordado gaiteiro Manuel Dopazo.

Maruxa xunto a “Tacholas” foron os referentes culturais artísticos máis importantes durante a estancia de Castelao na Arxentina.

Maruxa e o seu marido Aróstegui foron activos militantes da causa republicana. Os seus programas radiais acompañaron por décadas ás familias emigrantes. A voz de Maruxa, segue gravada nos recordos colectivos de centos de miles de galegos que chegaron á Arxentina.

Algún día Galicia e as súas autoridades terán que brindar o xusto recoñecemento de persoas como Maruxa Boga, que dedicaron a súa vida á causa de Galicia

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg