Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

28
Xul
2010
O PNV recuperará os documentos incautados na Guerra Civil
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por EFE/Agencias para "Público"   
O PNV recuperará os documentos incautados na Guerra Civil

A conselleira vasca de cultura aprobou a orde que permitirá a restitución destes fondos documentais




Nos cárceres franquistas, os presos servíanse de calquera artimaña para sacar información ao exterior. Na imaxe, cepillo utilizado para esconder documentos escritos en papel de fumar. Arquivo historico do Partido Comunista de España.


O Goberno central devolverá ao PNV  os documentos que lle foron incautados durante a Guerra Civil española, que até agora permanecían no Centro Documental da Memoria Histórica, máis coñecido como Arquivo de Salamanca.


A conselleira de Cultura do Goberno Vasco, Branca Urgell, aprobou a orde que permitirá a restitución dos fondos documentais ao PNV.

A restitución producirase de acordo á 'Lei de Restitución á Generalitat de Cataluña dos Documentos Incautados con Motivo da Guerra Civil', que prevé que a devolución dos documentos e fondos documentais de carácter privado poderá levar a cabo polo resto das comunidades autónomas que o soliciten.

A Comunidade Autónoma Vasca é a única que pediu a participación no procedemento para a tramitación e resolución das solicitudes de restitución presentadas, segundo explicou nun comunicado o Departamento de Cultura.

Os documentos que se entregarán á formación jeltzale son os pertenecintes ao Fondo Político-Social 'Bilbao', "sen prexuízo do seu posterior cotejo polo Centro Documental da Memoria Histórica ao obxecto de certificar que non se produciron erros na súa descrición".
Obrigacións para a custodia

Se a formación nacionalista acepta facerse cargo dos chamados 'papeis de Salamanca ' deberá comprometerse á súa custodia e conservción, así como á súa posta a disposición de investigadores, segundo informou o Executivo de Vitoria.

No entanto, o PNV deberá comunicar ao Departamento de Cultura do Goberno Vasco se opta por que os documentos restituídos permanezan custodiados no Centro Documental da Memoria Histórica de Salamanca ou que lle sexan entregados materialmente.

En caso de aceptalos, a entrega dos documentos implica a asunción das obrigacións de custodia, conservación, inspección, posta a disposción con fins de investigación e, no seu caso, entrega temporal para exposicións, nos termos previstos na Lei do Patrimonio Histórico do Estado e na Lei de Patrimonio Cultural Vasco.

O pasado 14 de xuño constituíuse unha comisión mixta para abordar a restitución dos chamados 'papeis de Salamanca', composta por un técnico de Arquivos da Subdirección Xeral de Arquivos Estatais; o director do Arquivo Xeral da Guerra Civil; un catedrático de Historia Contemporánea da Universidade do País Vasco; e polo director do Centro de Patrimonio Documental de Euskadi. Estableceuse un procedemento segundo o cal se procederá á dixitalización e envorcado dos documentos no Portal de Arquivos Españois 'PARES', para que finalmente poidan remitirse ao Goberno Vasco, que será quen os restitúa ao PNV.
Acreditada a titularidade

O proceso para a restitución dos papeis iniciouse en decembro de 2009, cando o PNV presentou formalmente a súa petición, e concluíu co informe favorable da Comisión Técnica que valora as solicitudes presentadas por particulares.

Segundo o ditame, a petición do PNV cumpre co tres requisitos esixidos para levar a cabo a restitución. En primeiro lugar, a Comisión tivo en conta que a solicitude jeltzale acredita e identifica, mediante acta notarial, a relación de documentos pertencentes ao Fondo Político-Social 'Bilbao'.

Igualmente, estimou que a formación demostrou documentalmente a súa titularidade sobre os mesmos no momento da incautación e a súa continuidade como organización política.
Esquerda Republicana

Estes extremos, segundo o Departamento de Cultura, non se deron na petición realizada por Esquerda Republicana, polo que se denegou a restitución dos documentos, fondos documenales e outros efectos incautados con motivo da Guerra Civil a esta formación.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg