04 Xul 2008 |
O PP de Alacante 'salva' a Franco
|
O PP de Alacante 'salva' a Franco A Deputación rexeita retirar os títulos honoríficos ao xeneral Santiago Navarro para "El País".- Alacante 04/07/2008 O PP de Alacante, que preside José Joaquín Ripoll, considera que as distincións honoríficas concedidas ao ditador Franco e á súa familia non son un asunto de actualidade nin xeran unha especial preocupación no seo da sociedade. Así, o Grupo Popular da Deputación de Alacante, que preside Ripoll, fixo valer onte a súa maioría absoluta e rexeitou unha moción do Grupo Socialista para retirar os títulos honoríficos concedidos a Franco. Os socialistas pedían que se quitase o nomeamento de fillo adoptivo e predilecto ao ditador e o de Almendro en flor, á súa muller, Carmen Polo. A proposta do PSPV enmárcase no cumprimento da Lei da Memoria Histórica. "O nomeamento de fillo predilecto de Franco non lle quita o soño a ninguén, sobre todo a aqueles que creceron en democracia", dixo a deputada popular Mercés Alonso. Esta esgrimiu outro argumento, neste caso xurídico, para reforzar a postura do PP. Segundo a deputada, o artigo 2 do regulamento da Deputación establece que todos os nomeamentos honoríficos son vitalicios e, xa que logo, "non se pode quitar ningunha distinción a Franco". A exposición de Alonso foi reforzada por Ripoll: "Nin eu nin ninguén do meu partido somos debedores do franquismo", dixo. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|













