Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

19
XuÃ
2010
Exhumación en Ribeira Alta (Alava): non enterraron cadáveres, enterraron semente
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Ahaztuak 1936-1977 para "Kaos en la Red"   
Exhumación en Ribeira Alta (Alava): non enterraron cadáveres, enterraron semente

"Non enterraron cadáveres, enterraron simiente" é a rotunda frase do galego Castelao para referirse a tantas persoas arroxadas polo fascismo a fosas comúns. Unha lema que facemos noso.






Membros e voluntarios da asociación Ahaztuak 1936-1977 xunto con técnicos da sociedade Aranzadi procederemos durante este fin de semana á exhumación dunha fosa común situada en Ribeira Alta, en territorio alaves, preto do Porto da Tejera.

A fosa foi localizada grazas aos testemuños de persoas da contorna que eran nenos e adolescentes na época dos feitos -principios de Setembro de 1936- e tambien grazas á información dos propios familiares dunha das persoas que segundo todos os indicios repousan na fosa e que todo apunta a que sexan un veciño de Santa Gadea del Cid e un matrimonio veciño de Villanueva-Soportilla, pobos burgaleses distantes poucos kilometros do lugar do enterramento.

Tras porse en contacto os familiares hai varios meses con membros da nosa asociación para requirirnos axuda nas tarefas de localización e exhumación desta fosa, o pasado 29 de Maio comezamos a realizar varias catas na zona sinalada polos testemuños recolleitos. Ditas catas houberon de prolongarse durante tres fins de semanas consecutivos, ata que o pasado sábado, día 12 de Xuño, e cando xa estabamos a piques de desistir demos por fin cos restos dun dos corpos, feito que confirmou a existencia do enterramento clandestino neste lugar.

Tras dar parte do achado ao Xulgado de Garda de Vitoria e este inhibirse como vén sendo habitual no caso de fosas comúns que conteñen os corpos de persoas executadas extraxudicialmente por forzas integradas no movemento golpista xurdido o 18 de Xullo de 1936, os familiares xunto con Ahaztuak 1936-1977 decidimos levar a cabo a exhumación desta fosa o próximo fin de semana. Para iso contaremos coa axuda de varios arqueólogos e antropólogos colaboradores da nosa asociación e tambien coa experiencia longamente probada dos técnicos de Aranzadi que participarán tanto nos labores de exhumación como nas posteriores de análises de laboratorio e identificación.

A exhumación, primeira na que toma parte nosa asociación, realizarémola baixo a lema "Non enterraron cadáveres, enterraron simiente", frase do galego Castelao que reflicte certeramente que a nosa tarefa non só a realizaremos desde o punto de vista de dar canle á procura familiar levada neste caso a bo termo, senón de reivindicar tambien as ideas de Liberdade, Progreso e Xustiza Social que eran os de tantos homes e mulleres, cidadáns da II República, e que como este tres que repousan na fosa que exhumaremos foron asasinados por iso. Do mesmo xeito queremos denunciar a persistencia do modelo español de impunidade actualmente vixente e que se concreta unha vez máis na inhibición do estamento xudicial que se nega a abrir ningún procedemento respecto dos asasinatos extraxudiciais.
Queremos agradecer tambien de forma intensa o comportamento solidario, asi como o respecto e o agarimo, que en todo momento demostráronnos tantas persoas de Gesaltza-Salinas de Añana e pobos contiguos que en todo momento arroupáronnos e estiveron connosco "a pé de fosa" compartindo momentos duros pero cheos de sentimento acredores dunha intensa fraternidade humana.


Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg