| Calendario de Eventos |
|
|
Anque as nosas palabras sean distintas, Celso E. Ferreiro |
| Calendario de Eventos |
|
|
Gran Oferta Especial Memoria Histórica! McNesia`s King presenta as súas novas propostas para todos os partidos e particulares interesados en contar cunha memoria histórica á súa medida. En cuestión de minutos confeccionámoslle a memoria que vostede necesita! Pídaa xa na cor do seu gusto! E agora no seu novo tamaño Big Populero Crunch para partidos históricos e sen historia! Con amplo despregamento gráfico, concepcións ideolóxicas ao dente, luminoso pasado de 20 onzas e unha ración gratis de maquinaciones fritas! Chame agora e afórrese até un 30%! Tamén reciclamos episodios nacionais e adaptamos personaxes históricos ao vapor da presente conxuntura, todos dotados dos seus correspondentes fazañas bélicas! En McNesia`s King contamos con toda clase de ingredientes para a súa memoria: orixinais ensaladas de arquivos, biografías ao baño maría e crujientes revelacións ao carbón de papanatas impunes! Chámenos e non se arrepentirá! Se vostede aínda non ten a súa memoria...non o pense máis! En McNesia`s King servímoslle a memoria adecuada ao seu perfil! Aproveite nosas ofertas dixitais para afiche, en toque e retoque de caras duras e brandas! Por só 50 euros reconstruímoslle os narices, a boca, os ollos e... agora tamén o seu pasado! As mellores memorias do mercado están en McNesia`s King! Chámenos antes de que sexa tarde! Se necesita un marco teórico renovado, se carece dun pasado edificante, se sempre soñou ter unha memoria política orixinal e un programa sostido e sustentable...visítenos e non sairá decepcionado! En McNesia`s King estamos para servirlle! Consulte nosas ofertas de verán! Ofrecémoslle programas garantidos e con data de caducidade a 60 anos vista!. E probe o noso Triplo Programa Super Big, con dobre estratexia programática e, agora, con miermelada de alianzas varias e adhesións con leite! Chámenos xa! Esta oferta é válida por tempo limitado e tamén se estende ao servizo a domicilio. Impostos incluídos. Cobros por adiantado. Chame xa! |


Membros : 154
Contido : 1309
Ligazóns Web : 113
Contidos vistos : 340829
Libros:39
Videos/Pelis/Documentais :147
Arquivos :87
Fotos Albums :288
| Visitas | [+/-] | |
| Hoxe: Onte: Antonte: | 237 376 349 | +27 |
| Esta semana: A semana pasada: A semana anterior: | 1296 2413 2278 | +135 |
Media diaria | ||
| Esta semana: A semana pasada: A semana anterior: | 324 344.7 325.4 | -20.7 +19.3 |
| Este ano: | 201.1 | |
Tódalas visitas | ||
| dende 15/03/08 | 213 144 | |
