Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Luns, 08 Febreiro 2010

Usuarios



Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
17
Abr
2008

ACTO REIVINDICATIVO O 8 DE AGOSTO

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rupo   
A CRMH DA CORUÑA RECLAMARÁ NOS XULGADOS A DEVOLUCIÓN DO PAZO DE MEIRÁS AO PATRIMONIO PÚBLICO
ORGANIZARÁ UN ACTO REIVINDICATIVO O 8 DE AGOSTO, COINCIDINDO COA VODA EN MEIRÁS DE LETICIA GIMÉNEZ-ARNAU MARTÍNEZ-BORDIU


O Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Manuel Monge, fai unha valoración positiva da entrada dos técnicos da Xunta no Pazo de Meirás, paso previo a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). Espera que a Xunta faga tamén un inventario dos obxectos do pazo que foron sacados pola familia Franco e que se investigue onde están na actualidade, para esixir a súa incorporación ao patrimonio público..

O noso obxectivo final é conseguir a restitución do pazo de Meirás ao patrimonio público, para disfrute do pobo galego. Neste sentido, a CRMH está a estudar a presentación dun escrito nos xulgados para reclamar a súa devolución, tendo en conta unha sentencia do Tribunal Supremo de xullo de 2007, que fallaba a favor dos familiares dun veciño de Tenerife que donou en 1937 unhas terras a Franco para salvar a vida dun parente en perigo de ser fusilado;.a sentenza obriga ao ministerio de Defensa a devolver esas propiedades aos seu primitivos donos.

A CRMH entende que a doazón foi a Franco, como Xefe do Estado, e que morto este e acabada a Ditadura, as propiedades de Franco, adquiridas no exercicio do poder, deben ser devoltas aos seus lexítimos propietarios. Lembremos que o pazo de Meirás foi adquirido con descontos forzosos das súas nóminas aos traballadores e coas aportacións por parte de moitos concellos do 5% do recadado pola contribución.

Franco asina o 5 de decembro de 1938 o seguinte documento de aceptación da doazón das “Torres de Meirás”, non como un particular, senón como Xefe do Estado: “En el día 28 de marzo de nuestro segundo año triunfal, año del señor de mil novecientos treinta y ocho, la Ciudad y Provincia de La Coruña hicieron la ofrenda –donación de las Torres de Meirás- al fundador del nuevo imperio, Jefe del Estado, Generalísimo de los Ejércitos y Caudillo de España Francisco Franco Bahamonde. Galicia que le vió nacer, que oyó su voz el dieciocho de julio, que le ofreció la sangre de sus hijos y el tesoro de sus entrañas, que le siguió por el camino del triunfo en la unidad, grandeza y libertad de la patria, asocia en esta fecha para simepre el nombre de Franco a su solar, en tierras del Señor Sant Yago, como una gloria más que añadir a su historia”.

A CRMH quere transmitir á familia Franco que xa disfrutou dabondo deste pazo e que deben proceder a súa devolución. Para transmitir á opinión pública esta mensaxe e á familia Franco que non será ben recibida nin en Meirás, nin cando visiten a Casa Cornide na Coruña, celebraremos en Meirás o 8 de agosto un acto pacífico e reivindicativo, coincidindo coa voda de Leticia Giménez-Arnau Martínez-Bordiu, neta de Carmen Franco, filla do Ditador Franco.

Moitas grazas pola súa atención. Reciban un cordial saúdo.

A Coruña, 17 de abril de 2008


Asdo. Rubén Afonso Lobato
Responsábel de Comunicación. Tfno. 645029338
 

QUEREMOS GALEGO!!!

Manifesto

Para a retirada de todo tipo de distincións honoríficas, concedidas durante a Ditadura, a Franco e a todos os seus ministros, así como a eliminación das rúas e simboloxía franquistas da Coruña

Data.Accións

« < Fevereiro 2010 > »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 151

Contido : 466

Ligazóns Web : 113

Contidos vistos : 214777

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

martelopng.png