Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
16
Abr
2010
Sen símbolos franquistas en Vigo
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Ch.García / J.Pastoriza para "Faro de Vigo"   

Sen símbolos franquistas en Vigo

A maioría dos vestixios de San Andrés de Valladares, Santo Tomei de Freixeiro e Santa María de Castrelos xa desapareceron


Santo Tomei de Freixeiro - Os operarios quiraron as placas coas inscricións. Falta a cruz e o nome tallado a pedra.

Os símbolos franquistas de tres igrexas do municipio desapareceron case na súa totalidade. Os traballos para a retirada comezaron o pasado luns polos templos de San Andrés de Valladares e de Santo Tomei de Freixeiro, e continuaron onte pola igrexa de Santa María de Castrelos, onde aínda son visibles as estadas.


Trátase da aplicación do acordo do goberno local para que desaparezan de fachadas ou paredes laterais dunha ducia de templos os vestixios da anterior etapa política, Unha decisión que se adoptou en abril de 2008, hai agora dous anos, e que tivo que contar co visto e prace da Diocese de Tui-Vigo e dos responsables de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia.

Salvados todos os trámites no primeiro trimestre do ano pasado, quedaba por levar a cabo a adxudicación dos traballos a unha empresa especializada neste tipo de obras. Esa contratación produciuse a finais de 2009, aínda que non se fixo efectiva ata que, hai semanas, o interventor municipal aprobou a realización do gasto de 19.000 euros, que é o orzamento con que conta todo o proxecto.

Cinco semanas durarán os traballos, cun cronograma que foi acordado entre os responsables do equipo de goberno e a empresa adxudicataria. Hoxe tócalle a quenda aos símbolos do templo parroquial de San Miguel de Bouzas, aínda que neste o traballo será menor, xa que a placa e as letras de mármore que había na fachada romperon hai tempo e foron xa retiradas no seu día.

A actuación sorprendeu a algúns fregueses das parroquias onde xa se actuou tendo en conta que o goberno local había mostrado a súa intención, e así o fixo saber publicamente, de esperar á toma de posesión do novo bispo Luís Quinteiro, para iniciar as obras. Dita toma de posesión producirase o próximo día 24.

Fases

De acordo cos proxectos aprobados para cada unha das doce igrexas, os traballos terán dúas fases. A primeira, na que se está agora, é a retirada das inscricións ou placas de mármore ou pedra pegadas ás paredes. Nunha segunda fase haberán de aplicarse os sistemas adecuados para que desaparezan os restos, nas propias pedras das paredes, daquilo que estaba tallado ou encostado.

O resto dos templos nos que se actuará nos próximos días son San Salvador de Coruxo, San Salvador de Teis, Santiago de Vigo, a Concatedral, San Francisco de Agarrades, San Andrés de Comesaña, San Miguel de Oia e Santa Cristina de Lavadores.

Nos primeiros meses de 2009, cando o entón bispo José Diéguez deu o visto e prace á iniciativa, a Diocese xa deixou claro que todo o encostado nas paredes exteriores dos templos correspondía a iniciativas civís, polo que a súa retirada debería correr a cargo das autoridades e non da xerarquía eclesiástica. Así llo comunicou por carta datada o 14 de xaneiro de 2009 o prelado ao alcalde da cidade, Abel Caballero.

Unha vez iniciada a retirada dos símbolos franquistas das igrexas queda por solucionar o destino que se lle dará á cruz do Castro, situada na ladeira do monte fronte á Praza do Rei. Polo momento non hai unha decisión adoptada por parte do equipo de goberno da cidade respecto diso.

 

 


 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Xente en liña

Temos 75 convidados en liña