Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
31
Mar
2010
Admitido o recurso da filla de Millán Astray
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por R. Prieto para "La Opinión de A Coruña"   

Admitido o recurso da filla de Millán Astray

A filla do fundador da Lexión reclama a reposición da efixie, o nome da praza e as honras concedidas

A retirada da estatua de Millán Astray pode ter os días contados. O Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 da Coruña abriu esta porta ao admitir a trámite o recurso interposto pola filla do fundador da Lexión contra do acordo municipal de retirar o mole de tres metros de altura que desde fai catro décadas preside a pequena praza do centro da Coruña. Segundo argumenta no seu recurso Peregrina Millán Astray, a estatua non cumpre os requisitos que esixe a lei de memoria histórica para os monumentos do franquismo que deben ser retirado xa que "é allea a calquera exaltación da Guerra Civil de 1936, ao golpe militar ou a represión".


A filla de Millán Astray sitúa no punto de mira ao Concello da Coruña, ao que acusa de "aplicación desmedida e ilegal" da lei de memoria histórica porque, segundo apunta, nin a estatua nin as honras foron concedidos por actos comprendidos no período de tempo que fixa a citada lei: entre 1936 e 1975.

Por este motivo, Peregrina Millán-Astray reclama a reposición da estatua, o nome da praza e as honras que se lle concederon en 1922 pola fundación da Lexión. O bufete que leva o caso -Urbalega Avogados, dirixido por Ignacio Menéndez González-Palenzuela- calcula que este caso estará resolto nun ano.

Esgotada a primeira vía -a do recurso de reposición presentado en xaneiro contra o acordo do Concello de retirar a estatua-, Peregrina Millán Astray pasou á seguinte fase. Trátase dun recurso do contencioso-administrativo contra "a desestimación presunta por silencio administrativo" ao non resolver as súas primeiras alegacións. Segundo argumenta a filla do xeneral golpista, o Concello da Coruña deu a orde o pasado 22 de xaneiro de trasladar aos almacéns municipais do polígono industrial da Grela, a pesar de que a medida adoptada "carecía da correspondente firmeza administrativa" por "non concluír a tramitación do recurso de reposición interposto" ante a Subdelegación do Goberno. "Non debería haberse retirado a estatua cun recurso de reposición polo medio sen resolver. O Concello incumpriu a súa obrigación e adoptou a medida antes de resolver o recurso", advirte o director de Urbalega Avogados.

Este recurso do contencioso administrativo, con data de entrada no xulgado número 3 da Coruña, céntrase no motivo aducido polo Concello para retirar a estatua. Segundo a filla do colaborador de Franco, a retirada da efixie de Millán Astray en aplicación da lei de memoria histórica non pode levar a cabo. O motivo? Segundo argumenta, a estatua do fundador da Lexión, a pesar de ser colocada en 1970, foi en conmemoración do 50 aniversario da fundación da Lexión, "o corpo máis laureado do Exército, que segue existindo -apunta o director do bufete de avogados que leva o caso- e que se segue enviando a misións internacionais. "E mesmo incongruentemente o actual destacamento enviado polo Ministerio de Defensa a Afganistán ten o nome de Millán Astray", engade Ignacio Menéndez González-Palenzuela.

En canto ás honras concedidas a Millán Astray como fillo predilecto da cidade, o recurso resalta que lle foron outorgados pola corporación municipal da Coruña nos anos 1922 -pola fundación da Lexión "que evitou as baixas de tropas de substitución na guerra de Marrocos"- e 1923 -pola entrada da Lexión en Melilla liberando a praza cando estaba asediada-.

Baixo estes argumentos, a filla de Millán Astray reclama a reposición da estatua, o nome da praza e o recoñecemento das honras concedidas ao fundador da Lexión. Nun ano, decidirase o futuro da efixie da céntrica praza coruñesa.

Comentarios (1)
Xustiza franquista
1 Mércores, 31 Marzo 2010 17:15
beto
Que se pode agardar dunha transición falida na que permaneceron os xuíces que xuraran fidelidade ao ditador...

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Xente en liña

Temos 80 convidados en liña