Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
18
Mar
2010
Franco emprende a súa última viaxe
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rocío Pita Parada para "La Voz de Galicia"   

Franco emprende a súa última viaxe

Un armazón metálico como o empregado no 2002 protexerá esta tarde a estatua ecuestre no seu traslado definitivo a un almacén da Armada en Ferrol


alt

Os operarios colocaron onte a gaiola que debe servir para garantir a integridade da estatua


Fai case oito anos, a estatua ecuestre de Franco que presidía a ferrolá praza de España emprendía o que se prevía fose o seu último e polémica viaxe. Pero o tempo converteuno no penúltimo. Si todo vai segundo o programado, o cabalo e o seu xinete quedarán hoxe confinados para sempre nunha nave da Armada despois de 35 anos presidindo a entrada de Ferrol e máis de sete expostos ao público no recinto cultural de Herrerías. Entre catro paredes e baixo unha lona feita a medida, o Concello, titular da efixie, dará cumprimento en chan militar á lei de memoria histórica, que prohibe a súa contemplación pública.


Moitas cousas lembrarán aquela madrugada de xullo do 2002, que quedou marcada na memoria colectiva dos ferroláns. A primeira, a gran gaiola metálica coa que se pretende protexer a integridade da imaxe. O armazón foi colocado onte para que hoxe o conxunto poida ser izado cun guindastre e depositado nun camión góndola para o seu traslado. Unha peza de, en total, 9.000 quilos de peso e seis metros de altura que deberá ser trasladada a baixa velocidade para evitar problemas de estabilidade. A estatua mostra ao ditador durante un desfile militar -o único do que hai constancia que o fixo dacabalo- no ano 1945. A única revista que pasará hoxe será aos buques que se constrúen no estaleiro de Navantia, precisamente o lugar onde se fundiu a escultura deseñada polo madrileño Federico Coullat-Valera. A última viaxe discorrerá integramente por chan militar, desde as proximidades do recinto onde se aloxa o museo naval até a nave de repostos que ocupará alén do perímetro do estaleiro. Un itinerario que pola estrada de circunvalación civil sería de 1,2 quilómetros, pero que co trazado interior, esquivando naves e diques, alcanzará ao redor de dous. Sen público, pero a plena luz do día, o Arsenal agarda completar esta tarde a operación.

 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Xente en liña

Temos 81 convidados en liña