Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
Mensaxe
  • O arquivo non se atopa dispoñ ible no servidor
04
Feb
2010
O alcalde debería seguir o exemplo da ministra de Defensa
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMH   

O alcalde debería seguir o exemplo da ministra de Defensa

¿A QUE ESPERAN PARA RETIRAR O ESCUDO FRANQUISTA DO CONCELLO DA CORUÑA?

Vidrieira co escudo

Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña saudamos a boa noticia de que non estea exposto ao público o escudo franquista da Comandancia Militar, quince días despois de que fose reclamada a súa retirada pola CRMH, en escrito enviado o pasado 22 de xaneiro á ministra de Fomento. Esperamos que a ministra Carme Chacón continúe co seu traballo, retirando os dous escudos franquistas da fachada do cuartel de Atocha e a única placa que queda en España de homenaxe aos golpistas:  placa de exaltación do militar Cánovas Lacruz que se levantou en armas contra a orde constitucional en 1936, e que está situada nun lateral de Capitanía.

 

Non entendemos que despois dos pasos que está a dar o ministerio de  Defensa, aínda continúe un escudo franquista na vidreira da escaleira principal do palacio municipal de María Pita, recibindo aos visitantes deste xeito tan vergoñento para A Coruña.

O Alcalde debería seguir o exemplo da actual ministra de Defensa -ordenou a retirada do escudo franquista dunha vidreira da Academia de Infantería do Exército de Terra de Toledo- e non perder máis tempo, encargando informes técnicos, absolutamente improcedentes. Estamos ante un tema político e non técnico.

 O Alcalde debe tomar xa a decisión política de ordenar a retirada dese escudo franquista porque é ilegal desde 1981, e non se pode tardar case 30 anos en cumprir unha lei.

Por outra parte, ¿a que espera o concello para retirar a placa “Praza de Millán Astray” para ser substituída por “Praza do cuartel de Atocha”, e a restituír a histórica “rúa do Socorro”, hoxe ocupada por “Juan Canalejo”?

 

 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Xente en liña

Temos 61 convidados en liña