27 Xul 2010 |
Información turística contra a Cruz dos Caídos en Vigo
|
Información turística contra a Cruz dos Caídos en Vigo
En inglés, en francés e en alemán, ademais de en galego e castelán, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (AVMH do 36) informa desde onte aos turistas que arriban ao porto de transatlánticos da cidade con folletos nos que se explica o significado da Cruz dos Caídos, un monumento franquista que aínda recibe ao visitante no monte de Ou Castro. Nos textos que lles foron entregados xunto á oficina de turismo que ten na dársena o Concello (cuxa web segue incluíndo a cruz dentro do itinerario de parques que hai que visitar), faise un resumo da Guerra Civil e aclárase aos viaxeiros que ese símbolo non é unha homenaxe ao soldado descoñecido, como se estila noutros países, senón aos que caeron por parte dun só bando no que ese mesmo bando deu en chamar Cruzada de Liberación nacional. Explícase, ademais, que Franco mandou levantar en toda España unhas cruces que tivesen "a grandeza dos monumentos antigos" e que desafiasen "o tempo e o esquecemento". A AVMH do 36 e outros 21 colectivos vigueses entregaron o 31 de maio no Concello 4.040 firmas pedindo o desmonte deste símbolo franquista que tamén lembra aos soldados da División Azul. Segundo eles, o alcalde pon como escusa, para demorar o tema, á Igrexa, pero a cruz é de propiedade municipal. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|
















