Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
21
Xul
2010
O bispo de Alcalá de Henares permite que a bandeira franquista volva estar presente nunha misa
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por José María Garrido para "El Plural"   
A insignia colga do altar maior do cemiterio de Paracuellos

O bispo de Alcalá de Henares permite que a bandeira franquista volva estar presente nunha misa


O pasado mes de decembro, a imaxe do bispo de Alcalá de Henares, monseñor Juan Antonio Reig Plà, oficiando unha misa no cemiterio de Paracuellos do Xarama (Madrid) á beira dunha bandeira franquista e rodeado de membros da extrema dereita tan significativos como Blas Piñar acabou circulando pola inmensa maioría dos xornais españois. Tras a denuncia do Plural, o PSOE non dubidou en cualificar os feitos de "inaceptables" porque lembraban "aos escuros e terribles anos do franquismo".



O bispo de Alcalá de Henares oficia misa xunto á bandeira franquista.


Aínda que o bispo gardou un escandaloso silencio e non explicou por que homenaxeou en Paracuellos aos que "deron testemuño da súa fe gritando Viva España e Viva Cristo Rei ao morrer", Gabriel Alfajeme, secretario de Juan Antonio Reig Plà, escusou a actitude do seu superior: "Reig Plà nin se decatou, nin se deu conta da presenza da bandeira. Se alguén meteu a pata, ese fun eu (...) Se alguén me dixo algo sobre a conveniencia da bandeira non me dei conta. Seguro que foi culpa das présas na preparación da cerimonia. Ademais o bispo respondeu a unha invitación e cando un vai a casa allea non se pon a dicir `quítame isto de aquí, quítame isto de alá´".

Reincidente


Con todo, este mes de xullo, o bispo de Alcalá de Henares volveu a tolerar que a bandeira franquista presida unha misa no cemiterio de Paracuellos do Xarama. A cerimonia foi oficiada polo pai Felipe de Lope, ex Párroco de Loeches, e un sacerdote salesiano misioneiro en Santo Domingo. Na páxina web do partido de extrema dereita Acción Xuvenil Española pode comprobarse que a bandeira preconstitucional estaba situada no altar maior, xusto á dereita dos sacerdotes.



A bandeira franquista preside este mes de xullo unha misa celebrada no cemiterio de Paracuellos del Jarama

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Mércores, 08 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Xente en liña

Temos 117 convidados en liña