14 Xul 2010 |
Practicamente finalizado o desmantelamento da Cruz dos Caídos
|
Practicamente finalizado o desmantelamento da Cruz dos Caídos
![]() Bye bye Franco Avanzan os traballos en Dores e tamén os que levan a cabo de forma paralela na praza de Amboage. O pasado xoves iniciáronse os labores de retirada da Cruz dos Caídos, que se atopan practicamente finalizadas. Dáse así cumprimento á Lei de Memoria Histórica. O monumento foi trasladado ao cuartel do Sánchez Aguilera e o Concello xa anunciou a súa intención de aproveitar ao máximo posible a pedra que compuña a cruz, xa que se trata de granito de gran calidade. A peza pesaba máis de 1.500 quilos e medía case dous metros. Nos últimos anos fora obxecto de numerosos actos de vandalismo. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|

















