Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
14
Xul
2010
Esixen a retirada dos símbolos franquistas en Valladolid
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Diario Diagonal   
Esixen a retirada dos símbolos franquistas en Valladolid

Máis dunha decena de organizacións sociais, políticas e sindicais están a desenvolver desde hai semanas unha campaña

Máis dunha decena de organizacións sociais, políticas e sindicais están a desenvolver desde hai semanas unha campaña pola retirada de nomes e símbolos franquistas dos espazos públicos de Valladolid, cidade na que existen máis de 400 símbolos, entre monumentos, rúas e placas dedicados a significados personaxes golpistas, así como a acontecementos relacionados coa ditadura franquista.


Esta Plataforma elaborou un Manifesto no que entre outro aspecto pode lerse que "nestes símbolos están aínda presentes os nomes de significados personaxes do réxime: individuos que sostiveron ideológicamente o fascismo e/ou que estiveron implicados na sublevación golpista, no mantemento da tiranía e nos crimes cometidos ao amparo da ditadura contra a poboación civil que supuxo o asasinato de miles de veciños de Valladolid, entre eles o alcalde lexítimo do Concello, varios dos seus concelleiros e moitos traballadores do mesmo. Cabe engadir a existencia doutros símbolos que se manteñen en edificios públicos e en bloques de vivendas construídas durante o franquismo?" (en referencia isto último aos anagramas co xugo e as frechas da Falanxe presentes nos portais das vivendas de protección oficial).

O Manifesto considera que "a dedicación dunha rúa a un personaxe, a unha data ou a algún feito é un das maiores honras que un pobo ou unha cidade pode ofrecer, pois converte ao homenaxeado en exemplo para os cidadáns que viven ou transitan pola localidade. Desta maneira enxálzase á persoa ou ao acontecemento, que pasará á memoria colectiva como autor dun ben á comunidade ou como referencia histórica do acervo común. Con todo algúns dos nosos espazos públicos seguen presididos por símbolos, feitos e personaxes franquistas que instauraron e sostiveron unha ditadura totalitaria tras derrubar mediante un golpe de estado armado un réxime democrático".

Para a Plataforma, o mantemento desta simboloxía supón un claro desprezo á sensibilidade de miles de persoas, ademais de incumprir a Lei de Memoria Histórica. Por iso estiman que non debería facer falta a posta en marcha desta iniciativa cidadá senón que debería ser a administración, de oficio, a que procedese á retirada desta nomenclatura e simboloxía, aínda que nada máis fose en cumprimento da Lei. Con todo nada máis lonxe da realidade, xa que o alcalde de Valladolid, Javier León da Riva (PP), manifestou publicamente que non vai cambiar nin un só nome de rúas. Se esta negativa persiste, como todo parece indicar, a Plataforma non descarta emprender accións xudiciais.

"Se en Alemaña borrouse todo vestixio do horror nazi, aquí debería ser igual, pero o non foi así, o que demostra que aínda hai unha transición pendente", manifestou un portavoz da plataforma en rolda de prensa. Entre as actividades que esta Plataforma está a levar a cabo destacan a recollida de miles de firmas, actos informativos dirixidos en especial aos veciños dos inmobles en que hai placas da Falanxe ou a queima na fogueira a pasada noite de San Juan dunha maqueta que representaba ao monumento de homenaxe a Onésimo Redondo no Cerro de San Cristóbal.

Palencia

En Palencia está a desenvolverse unha iniciativa similar, aínda que a diferenza de Valladolid abarca a toda a provincia e non soamente á capital. A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica ha elaborado un censo con 193 nomes de rúas de 69 localidades da provincia palentina dedicadas a personaxes franquistas (destacan sobre maneira as dedicadas ao propio ?Generalísmo Franco?, solicitando o cambio de denominación, e tamén solicitaron que o Concello da capital e a Deputación Provincial anulen a concesión da medalla de ouro a Francisco Franco.



Onde están eses símbolos?


Rueiro con nomes e símbolos franquistas en Valladolid

http://www.diagonalperiodico.net/callejero-con-nombres-y-simbolos.html

http://www.diagonalperiodico.net/por-la-retirada-de-los-simbolos.html

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

¡A Libertade nunca

perdéu ningunha loita!

...

¡Adiante a terra a nosa!



Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Xente en liña

Temos 60 convidados en liña