04 Xul 2010 |
O BNG denuncia o uso do topónimo 'Ferrol del Caudillo' no Ministerio de Ciencia
|
O BNG denuncia o uso do topónimo 'Ferrol del Caudillo' no Ministerio de Ciencia
Francisco Jorquera esixe explicacións ao Ministerio de Ciencia por empregar nun escrito o topónimo que tivo Ferrol durante a ditadura franquista. "Como é posible que a estas alturas o ministerio utilice unha denominación toponímica acuñada polo réxime ditatorial de Franco?", pregunta o parlamentario, quen xa rexistrou unha iniciativa na Cámara baixa para pedir explicacións ao departamento que dirixe Cristina Garmendia. Tras insistir en que se trata de "unha grave vulneración do topónimo oficial e lexítimo da cidade", o nacionalista lamenta que "xa son moitas as ocasións nas que o BNG se dirixe ao Goberno pola constante vulneración da toponimia oficial de Galicia". Sobre este caso particular, reproba que se superaron todo tipo de límites" ao utilizar, "despois de máis de tres décadas de democracia", unha denominación toponímica "creada polo réxime franquista para salientar a procedencia do ditador". Por todo, esixe ao Goberno central a adopción de medidas para "corrixir urxentemente este tipo de actitudes". "Máis aló das cuestións lingüísticas e do respecto que a Administración do Estado debe ter á toponimia oficial de Galicia, debería ter en conta as connotacións ideolóxico-políticas que posúe a utilización desta forma ilegal e deturpada", conclúe Jorquera. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, esixe explicacións ao Ministerio de Ciencia e Innovación por utilizar a forma toponímica ilegal "Ferrol del Caudillo" nunha resposta dirixida ao Vicerreitorado da cidade departamental "Como é posible que a estas alturas o ministerio utilice unha denominación toponímica acuñada polo réxime ditatorial de Franco?", pregunta o parlamentario, quen xa rexistrou unha iniciativa na Cámara baixa para pedir explicacións ao departamento que dirixe Cristina Garmendia. Tras insistir en que se trata de "unha grave vulneración do topónimo oficial e lexítimo da cidade", o nacionalista lamenta que "xa son moitas as ocasións nas que o BNG se dirixe ao Goberno pola constante vulneración da toponimia oficial de Galicia". Sobre este caso particular, reproba que se superaron todo tipo de límites" ao utilizar, "despois de máis de tres décadas de democracia", unha denominación toponímica "creada polo réxime franquista para salientar a procedencia do ditador". Por todo, esixe ao Goberno central a adopción de medidas para "corrixir urxentemente este tipo de actitudes". "Máis aló das cuestións lingüísticas e do respecto que a Administración do Estado debe ter á toponimia oficial de Galicia, debería ter en conta as connotacións ideolóxico-políticas que posúe a utilización desta forma ilegal e deturpada", conclúe Jorquera. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|
















