30 Xuà 2010 |
Ribadesella retira os sÃmbolos franquistas
|
Ribadesella retira os sÃmbolos franquistas
![]() A placa instalada no Cobayu retirarase ao aplicar a lei. O xugo e as frechas abandonan O Cobayu. En cumprimento da Lei de memoria histórica, o Concello de Ribadesella retirará nos próximos dÃas a placa instalada nun dos bloques deste popular barrio riosellano, construÃdo durante o franquismo. Trátase dunha laxa de pedra que preside unha das entradas ao barrio e que loce nun dos seus laterais o xugo e as frechas, habituais nas vivendas de protección que se promoveron durante o réxime franquista. Agora esa placa de simboloxÃa franquista será cuberta por outra de cerámica, obra do autor Pachu Muñiz, na que está gravada unha silueta das vivendas sobre o topónimo popular do barrio, O Cobayu. Por baixo lerase o nome oficial das 224 vivendas sociais, construÃdas baixo o nome Grupo GarcÃa Lombas. O Concello de Ribadesella vai asà dando pasos no cumprimento da Lei de Memoria Histórica. Hai xa uns meses retirou a placa da rúa de División de Navarra, substituÃda pola que daba nome á súa continuación, Villar e Val, e agora previu continuar retirando as placas que, sen ser tan rechamantes como a do Cobayu, locen nalgúns bloques doutros barrios como o da Costa. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|

















