29 Xuà 2010 |
Ferrol retira unha cruz dos caÃdos xunto á casa de Franco
|
Ferrol retira unha cruz dos caÃdos xunto á casa de Franco A Cruz dos CaÃdos da praza de Amboage de Ferrol ten os dÃas contados. O Goberno local iniciou onte a reforma deste céntrico espazo con cargo aos fondos do Plan E, cun investimento que supera o medio millón de euros. A remodelación tamén pasa por retirar este monólito que homenaxea aos mortos do bando franquista durante a Guerra Civil. A cruz de Amboage leva décadas presidindo unha das esquinas da praza, semioculta baixo as árbores. Durante os últimos anos, cada 20 de novembro -data do aniversario da morte de Franco-, a cruz amencÃa cuberta de pintura rosa a poucos metros da casa natal do ditador. O Executivo local, que lidera en minorÃa o PSOE de Vicente Irisarri, avanzou a retirada deste emblema franquista en 2007, pero o proxecto tardou tres anos en madurar. O lugar da cruz ocuparao no futuro unha entrada diáfana á praza que recupera as antigas sendas peonÃs. As obras en Amboage comezaron onte e prolongaranse durante polo menos sete meses. O proxecto busca modernizar unha praza do século XVIII onde conflúen as principais rúas do centro. Renovaranse os xardÃns, a iluminación, o parque infantil e todo o mobiliario para facer desta planicie de 6.300 metros cadrados un lugar máis accesible ao cidadán. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|
















