26 Mai 2010 |
O Ministerio de Defensa comunica á CRMH a retirada inminente dos escudos franquistas do Cuartel de A
|
O Ministerio de Defensa comunica á CRMH a retirada inminente dos escudos franquistas do Cuartel de Atocha ![]() O Presidente da CRMH, Manuel Monge, vén de recibir unha carta do ministerio de Defensa, contestación doutra que enviou a CRMH á ministra Carme Chacón o 22 de xaneiro de 2009. “Por indicación da Sra. Ministra de Defensa” a Directora Xeral de Infraestrutura, Mónica Melle Hernández, agradedece “el interés mostrado por la CRMH, dando conocimiento de la existencia de símbolos afectados por la Ley 52/2007 de la Memoria Histórica”. Na carta comunican á CRMH que xa foi retirada a Placa de Capitanía dedicada a Cánovas Lacruz, así como el escudo franquista da Comandancia Militar. Tamén sinala que “los dos escudos preconstitucionales situados en la fachada del acuartelamiento de Atocha se van a retirar de manera inminente una vez finalizados los trámites preceptivos”. E remata a carta: “Por último, con respecto al emplazamiento de la estatua de Millán Astray, le informo que dicho monumento no ha sido trasladado a ninguna dependencia militar”. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña valora moi positivamente esta carta do ministerio de Defensa. Nos próximos días o único escudo franquista –ilegal desde 1981- que vai quedar na Coruña, está situado na entrada principal do palacio municipal de María Pita. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|

















