07 Mai 2010 |
Caza a Simboloxía Franquista
|
Axúdanos a cazalos !!!!!!!
Igrexa de Santa María de Beluso, Bueu
Vidriera con escudo franquista na entrada principal do palacio municipal de María Pita, na Coruña
Praza do General Millán Astray, A Coruña
Igrexa de Pontecesures... o Arzobispado pide que se respeten os sentimentos das familias das vítimas, polo tanto non quere quitar este homenaxe fascista do seu templo... fixeron o mesmo cos máis de 5000 desaparecidos galegos na guerra civil?
Ex-Colexiata de Santiago, en Cangas do Morrazo. Como se pode ver, aquí só están presentes os mortos do bando fascista... o resto aínda están nas cunetas!!
Ex-colexiata de Santiago de Cangas, vista desde outra perspectiva.
Lugo. Instituto Secundaria "Nosa Señora dos Ollos Grandes".
Instituto Lucus Augusti, Lugo. Como se ve, para todos os xéneros. Simboloxía franquista para o neno e para a nena.
Casa das Artes. Vigo.
Desta volta, non é que precisamente neste colexio haxa algún símbolo franquista. O que sí existe é o nome do colexio, Eugenio López, que foi un director xeral de educación a nivel nacional nos anos 70. Con pasado franquista traballou pola apertura de ducias de centros educativos, e nesa liña hai varios centros co seu nome por toda Galicia. A Consellería de Educación xa informou ao centro da necesidade de cambiar o nome. Dende a directiva baralláronse moitos nomes como Pontes de Globa, Pepe Sánchez ou Monte do Son. Pero o preferido é o que se refire á ubicación. Colexio A Lazarada é o nome elixido, xa que o centro esta é a Agra da Lazarada, onde había unha fonte, ou un manantial á que viñan os veciños a buscar auga. O que sí é condeable é que colexio público aínda leve o nome "Eugenio López", do Movimiento, malia o Consello Escolar terse pronunciado varias veces por nomear o colexio co topónimo do lugar "A lazarada". PP, PSOE e IxCee néganse a apoiar o cambio en pleno.
Morto de sede estaba pero ao ver tal desagradable insignia pasóuseme de golpe. A foto corresponde a unha fonte co emblema franquista do xugo e as frechas no Porto de Bares.
|
































"O primeiro emisor, cunha potencia de 20 kW, da marca Telefunken, foi un agasallo da Alemaña nazi ao Estado Novo franquista." (isto pilleino na wikipedia)