Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
02
Mar
2010
Franco xa non é fillo adoptivo da Coruña
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Vieiros.com   

COA ABSTENCIÓN DO PPdeG

Franco xa non é fillo adoptivo da Coruña

Aprobou a revogación de todos os títulos concedidos o ditador e a outros militares franquistas. A CRMH pide que se faga o mesmo con Manuel Fraga.

alt

Franco desprázase dende Meirás até A Coruña para asistir ao seu nomeamento como Alcalde honorario e recibir a medalla de ouro da cidade

O pleno municipal aprobou este luns, cos votos a favor do PSdeG e do BNG  e coa abstención do PPdeG, revogar todos os nomeamentos de títulos concedidos a Francisco Franco e a outros políticos e militares durante a etapa da ditadura, en aplicación da Lei da Memoria Histórica.

 

Acordouse a retirada de 21 títulos, entre eles o de “fillo adoptivo” e “predilectísimo” da Coruña “alcalde honorario” ou a medalla de ouro da cidade concedidos a Francisco Franco. Asemade, tamén quedaron retirados os títulos de “fillo predilecto” outorgados, entre outros, a Millán Astray, fundador da lexión, Juan Canalejo e Mariano Gómez Zamalloa ou a medalla de ouro da cidade a Luís Carrero Blanco ou Fermín Gutiérrez Soto.

Abstención do PPdeG

O edil socialista, Carlos González Garcés atribuíu esta decisión ao cumprimento da Lei de Memoria Histórica e asegurou que “carecen de xustificación” os recursos presentados polos familiares e descendentes dos afectados por esta medida. Pola súa parte, o concelleiro do PPdeG, Xoán de Dios Ruano, defendeu a abstención popular, por “non sentirse concernido co modo excluínte, sectario e antirregulamentario co que se está actuando” ao tempo que acusou ao goberno coruñés de gobernar “mirando ao pasado”.

A edil do BNG, Margarida Vázquez, sostivo que a abstención popular”deixa ben clara a súa ideoloxía” e cualificou de “covarde” a súa postura respecto a un asunto co que “se fai Xustiza cos represaliados”.

O mesmo para Fraga


A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) considerou unha “boa noticia” a ratificación da retirada destas distincións e “apoia” as argumentacións do goberno municipal coruñés para rexeitar as alegacións presentadas. Con todo, afirma “non entender as razóns” polas que se mantén o título de fillo adoptivo da cidade ao ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga, “cando esa mesma distinción se retira a outros ministros da ditadura”.

A CRMH lembra que esta distinción se lle concedeu en 1968 “cando Fraga sentaba no consello de ministros e participaba activamente en toda a política represiva e criminal da ditadura”.

 

 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

beys1.jpg
luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197766

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 56 convidados en liña
martelopng.png