22 Feb 2010 |
“UN ESTADO DEMOCRÁTICO NON PODE PAGAR A NÓMINA A MILITARES QUE FAN APOLOXÍA DO FASCISMO”
|
23 F: Carta da CRMH ao Delegado do Goberno en Galicia “UN ESTADO DEMOCRÁTICO NON PODE PAGAR A NÓMINA A MILITARES QUE FAN APOLOXÍA DO FASCISMO” Será entregada o martes, 23 de febreiro, ás 10,30 horas na Delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense da Coruña). Cando o 22 de xaneiro se procedía á retirada da estatua de Millán Astray, un militar realizaba o saúdo fascista, desde unha ventá do cuartel de Atocha. Esta imaxe foi difundida no informativo rexional de TVE. Ante a gravidade destes feitos, e coincidindo co aniversario do intento de golpe militar de 1981, o Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Manuel Monge, entregará unha carta ao Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, esixindo que se identifique a este militar e que se informe á sociedade da marcha do expediente, que se supón xa terá aberto o citado ministerio, así como das medidas disciplinarias adoptadas por Defensa. Para a CRMH un estado democrático non pode pagar a nómina de militares que fan apoloxía do fascismo durante a súa xornada laboral; e non pode permitir que funcionarios públicos cometan este tipo de agresións contra a memoria das vítimas do franquismo.
Comentarios (1)
1
Luns, 22 Febreiro 2010 18:11
Nemigo
onde está o enlace a isa imaxe?
Amosa a túa opinión sobre este artigo
|


















