Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
29
Xan
2010
A Xunta volve prometer que abrirá pronto o Pazo de Meirás
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por A.S. para Xornal de Galicia   

A Xunta volve prometer que abrirá pronto o Pazo de Meirás

Patrimonio propúxolle aos Franco permitir o acceso aos dous primeiros andares e a biblioteca

Foto do Pazo de Meirás

 A apertura á cidadanía do Pazo de Meirás farase efectiva “en breve” segundo asegurou onte o director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, xa anunciara en setembro que o edificio se abriría “en menos dun mes”, pero agora a Xunta mantén que os contactos cos donos, a familia Franco, “están a ser positivos” e que poderían permitir o acceso ás estancias públicas da primeira e a segunda planta. Estas visitas son un dereito dos cidadáns dende que a residencia de verán do ditador en Sada foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC), a finais de 2008.

“Enviámoslles os planos concretos do xardín e das zonas públicas que podían ser visitadas, as máis interesantes: a biblioteca, a planta baixa e a primeira, manifestando a necesidade de que xa pronto se debe abrir o pazo”, relatou onte Rey Pichel en declaracións a Radio Coruña. A Xunta reiterou, nun comunicado, que “non” existe oposición, senón “prudencia lexítima” por parte da familia. Nese sentido, Patrimonio comprometeuse a que apertura se faga salvagardando todas as cuestións de seguridade.

O responsable de Patrimonio da Xunta recordou que a primeira comunicación coa familia Franco se produciu o pasado 1 de outubro mediante carta na que se lles comunicaba a obriga de abrir o pazo, catro días ao mes. Rey Pichel defendeu que a Xunta actuou “en todo momento de acordo coa lei e respectando o proceso xudicial”, dixo en alusión ao recurso dos Franco contra a declaración de BIC, que aínda non ten sentenza en firme pero que en todo caso non supón paralización algunha do proceso ao desbotarse as medidas preventivas.

 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

beys1.jpg
luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197975

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 98 convidados en liña
martelopng.png