31 Dec 2009 |
Estrea do documental "Memorias Rotas" de Manane Rodríguez
|
Estrea do documental "Memorias Rotas" de Manane Rodríguez O Xoves 7 de xaneiro ás 20:00 horas no Teatro Rosalía de Castro na Coruña 'MEMORIAS ROTAS' Está centrada na historia JOSÉ MORENO TORRES, COMANDANTE DO BATALLÓN GALICIA e a primeira parte do documental trata da súa militancia na Coruña e como organizador da Resistencia ao Golpe de Estado. desde o balcón do Rosalía, o 18 de Xullo de 1936, MORENO chamou á xente a resistir. Esta é a razó pola que elísexe este Teatro para a estrea do documental. O vindeiro sábado día 7 de xaneiro, ás 20 horas, estréase no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, a longametraxe documental de Manane Rodríguez MEMORIAS ROTAS. O filme, producido por Xamalú Filmes en colaboración coa Televisión de Galicia, foi rodado en varias fases durante 2008 e 2009 en diversos lugares de Asturias e Galicia. Seguindo as pegadas dun romance popular, e a través dos relatos de quen foron testemuñas dos feitos, e dos seus descendentes, MEMORIAS ROTAS conta o tráxico destino dun grupo de milicianos do Batallón Galicia que tras defender a sangue e lume os seus ideais de liberdade na Fronte Norte republicano foron dados por desaparecidos. MEMORIAS ROTAS dá testemuño do destino dese grupo de homes, que lideraba o dirixente anarquista coruñés José Moreno Torres, o Comandante Moreno, á vez que traza un mosaico de informacións que suxiren a dolorosa atmosfera da guerra civil española. Na estrea estarán presentes a directora, os membros do equipo que colaborou na realización do documental e algúns dos protagonistas do mesmo, un protagonismo coral xeneroso e valente que permitiu, setenta e dous anos despois, unha reparación cívica e moral ás vítimas. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|


















