A exposición “Antón Alonso Ríos, O siñor Afranio” estará na Casa Museo Casares Quiroga do 18 ao 31 de agosto Organiza Concellaría de Cultura do Concello da Coruña Colabora Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d'A Coruña
 “ Antón Alonso Ríos, O siñor Afranio”.
Exposición biográfica baseada no libro “O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido”, trata de recuperar a traxectoria vital do mestre, escritor e primeiro deputado agrarista de Galiza, Antón Alonso Ríos “O siñor Afranio” e o roteiro que tivo que percorrer durante tres anos para fuxir da represión franquista cara ao exilio bonaerense.
Informacións xerais:
A exposición biográfica sobre o mestre galeguista, escritor e político silledense está comisariada polo historiador e biógrafo, Bieito Alonso. Colaboraron no proceso de documentación e apoio moitas persoas relacionadas dalgún xeito coa figura de Alonso Ríos e 15 colectivos culturais.
Esta expo. enmárcase dentro dun proxecto moito máis ambicioso denominado "Roteiro do Afranio" para difundor a personalidade do primeiro Deputado agrarista da historia de Galiza. que recolherá unha web biobibliografica sobre o autor; un roteiro desde Tui até a Serra da Peneda en Portugal, percorrido de Alonso Ríos desde o verán de 1936 eaté 1939, escapando das "gadoupas da morte" do Alzamento fascista e unha guía de turismo cultural e mesmo un filme documental titulado "Afranio", que recentemente foi premiado como melor documental nos Mestre Mateo.
Características: A expo consta de 37 paineis divididos en 3 fases vitais de Alonso Ríos: dos en varias fases vitais, que a grandes liñas, relatan: -1887-1936: O nacemento en Camporrapado-Cortegada-Silleda, a mocidade, a emigración á Arxentina e o regreso coa instauración da IIª República. Actividade como activista agrario e político galeguista.
- 1936-1939. O siñor Afranio. As peripecias que tivo que pasar fuxindo polos Mon tes das provincias de Pontevedra e Outense até pasar a Portugal e exiliarse en Arxentina, como esmoleiro chamado o Siñor Afranio de Amaral
- 1939-1980. Exilio definitivo en Bos Aires, onde chegará a ser o secretario xeral do Consello de Galiza, auténtico goberno galego no exilio, e o último dos patriarcas do nacionalismo histórico en desaparecer.
|