A eliminación de 53 símbolos franquistas na Coruña é un acontecemento histórico. A eliminación de 53 símbolos franquistas na Coruña é un acontecemento histórico e é un paso adiante na aplicación da Lei da Memoria Histórica. 
Para Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que participou no grupo de expertos, estamos ante un acontecemento histórico,
despois de moitos anos nos que o concello da Coruña negaba a existencia de simboloxía franquista; aquí, dicía o goberno municipal, só hai simboloxía histórica, que hai que conservar. Temos que saudar este cambio de rumbo do goberno municipal e lembrar que a CRMH leva varios anos facendo actividades de información e mobilización cívica para propiciar este cambio. Aquí non hai nin vencedores nin vencidos; é un trunfo da democracia e un bo momento para lembrar a todas as persoas que sufriron a represión franquista e deron a súa vida en defensa da democracia e da República.
Coa aprobación pola Comisión Municipal de Honras e Distincións da retirada de 53 símbolos franquistas, acábase cunha situación vergoñenta para A Coruña , que era a capital da simboloxía franquista. Esperamos que este acordo sexa levado ao próximo pleno da corporación municipal e que esa simboloxía franquista desapareza das nosas rúas nos próximos meses, antes de cumprirse, o próximo 31 de outubro, dous anos desde a aprobación da Lei da Memoria Histórica polo Congreso.
Este é un primeiro paso e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica seguirá traballando para que se elimine o resto da simboloxía franquista, que xa fixemos público. Entre o que queda por eliminar, pendente dun informe técnico, está o escudo franquista da vidreira na entrada principal do palacio municipal de María Pita. Este escudo é ilegal desde 1981 e o Goberno de Zapatero xa manifestou a súa vontade de retirar estes símbolos cando a propia ministra de Defensa, Carme Chacón, ordenou en marzo de 2009 a retirada da escudo franquista do comedor de gala da Academia de Infantería do Exército de Terra en Toledo.
Adxuntamos a relación dos 55 símbolos franquistas, que o informe do grupo de expertos aprobara retirar, por unanimidade.
Recibide un cordial saúdo.
|