Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
31
Ago
2010
Acto de Memoria e Homenaxe na fosa común da Tejera (Ribera Alta), Araba.
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Ahaztuak 1936-1977 para "Kaos en la Red"   
Acto de Memoria e Homenaxe na fosa común da Tejera (Ribera Alta), Araba.

A fosa común situada na Tejera (Ribera Alta), en Araba, albergaba o corpo de tres desaparecidos asasinados polos escuadrones da morte franquistas. Agora xa teñen nome e historia.






O vindeiro sábado, día 4 de Setembro, cumpriranse setenta e catro anos de que Primitivo Fernández de Labastida Urruchi e o matrimonio formado por Mónica Barrón del Valle e Florentino García Valencia foron asasinados por un dos "escuadrones da morte" ao servizo dos golpistas alzados en armas o 18 de Xullo de 1936 contra a vontade popular representada no goberno da II República. O primeiro era un labrador veciño do pobo burgalés de Sánta Gadea do Cid e os dous conyuges eran tambien campesiños e veciños de Villanueva-Soportilla, pequena localidade tambien pertencente á provincia de Burgos.

A finais do pasado més de Xuño e tras varios fins de semana de busqueda voluntarios de Ahaztuak 1936-1977, xunto con familiares de Primitvo Fernández de Labastida e veciños do concello conseguimos dar coa localización concreta da fosa e cos restos deste tres desaparecidos. Poucos dias despues xunto con membros de "Aranzadi" procedemos á exhumación desta fosa para proceder posteriormente ao proceso de identificación dos restos que nestes momentos continúa.

Como noutros casos tivo que ser a vontade familiar e popular a garante e impulsora do traballo por seguir facendo xustiza ás decenas de miles de desaparecidos que aínda esperan nos centenares de fosas dispersas por todo o Estado español, repitiendose unha das fotos habituais neste modelo de impunidade vixente e que é como vemos unha e outra vez parte consustancial do modelo de democracia que temos: ningún membro do estamento xudicial acudiuse na fosa nin levantou acta algunha, ningún membro de ningunha policia tomaría mostras, ninguén abriría ningún expediente xudicial nin ningunha investigación para esclarecer este crime e buscar autores e responsabilidades... E iso que estamos a falar dun caso evidente de secuestro, de desaparición forzada e execución extraxudicial enmarcado nun proceso de xenocidio político e nunha dinámica planificada e continuada de delitos de lesa humanidade, crimes que non prescriben e que nunca deixan de ser perseguibles segundo os acordos internacionais subscritos tambien por este Estado español que os descoñece no seu territorio.

Agora, a dous meses de atopar os seus restos e de exhumarlos para poder entregarselos coa certificación da súa identidade aos seus familiares, desde Ahaztuak 1936-1977 conxuntamente cos veciños de Gesaltza, de Ribeia Alta e desa Cuadrilla de Añana que tanto nos axudaron e que son a mostra palpable dunha vontade popular que xunto coa de tantos familiares é está a facela fracasar o modelo de impunidade español para cos crimenes do franquismo, o vindeiro sábado, día 4 de Setembro, data en que se cumpre un novo aniversario do seu secuestro, desaparición e asasinato, celebraremos un Acto de Memoria no lugar onde se achaba a fosa común á que foron arroxados. Será ás 12:30 do mediodía e no marco do mesmo descubriremos un monólito xunto cunha placa que lembrará e sinalará este lugar como un lugar de memoria, xunto cos nomes dos que aqui foron asasinados. Xunto con iso plantaremos tres árbores que de forma simbólica remarcarán a frase do escritor e político galego Castelao que presidiu os traballos de exhumación desta fosa "Non enterraron cadáveres, enterraron simiente", unha simiente de persoas que creron nuns valores de Liberdade e Xustiza Social e buscaron un modelo económico, político e social onde eses valores puidesen desenvolverse e frutificar, algo que pagaron coas súas vidas, pero que hoxe xunto aos seus restos e a súa memoria volvemos recuperar para honrala, pero sobre todo para levala á práctica.

Na homenaxe, xunto aos familiares e as persoas que formamos Ahaztuak 1936-1977 estarán tambien presentes familiares doutras persoas desaparecidas e doutras victimas do réxime franquista que hermanados na memoria dos nosos e na reivindicación do fin da impunidade para os crimenes do franquismo chegarán doutros puntos de Euskal Herria e tambien do Estado español.

Esperámosvos para compartir eses entrañables momentos.

AHAZTUAK 1936-1977

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

beys1.jpg
luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1198138

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 64 convidados en liña
martelopng.png