Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
19
Ago
2010
Meirás, pendente de que Carmen Franco "perfile cousas" para abrir
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Daniel Prieto para "Xornal de Galicia"   
Meirás, pendente de que Carmen Franco "perfile cousas" para abrir

O BNG acusou á Xunta de “conivencia” cos propietarios do pazo para retrasar a súa apertura





Fontes próximas á propietaria do pazo de Meirás, Carmen Franco, confirmaron que, se ben se está a producir un “achegamento” coa Consellería de Cultura  para a apertura do recinto, o Goberno autonómico aínda debe “perfilar cousas” para que iso se produza. O inmoble foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en decembro de 2008 co anterior Goberno da Xunta, polo que debe abrir ao público catro días ao mes. Desde esa data, a súa dona perdeu todos os recursos xudiciais que presentou contra ese nomeamento. Aínda que o bipartito amosara a súa firme intención de permitir as visitas á antiga residencia de Emilia Pardo Bazán, a chegada do PP a San Caetano freou o proceso.


Hai dous meses, a Consellería de Cultura asegurou que “esgotaría a vía do diálogo” con Carmen Franco antes de abrir o recinto. En vez de facer valer a súa potestade para ordenar a apertura de Meirás ou acudir ás sancións, o departamento autonómico amosou a súa vontade de “manter xuntanzas coa familia para definir un calendario de visitas”. O BNG acusou á Xunta de “conivencia” coa propietaria para “atrasar” a apertura. E é que a Xunta conta con varios autos favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que avalan a súa apertura apelando ao “interese público”. Ademais, xuristas consultados por Xornal confirmaron que, neste sentido, a Xunta podería “forzar xa” a apertura de Meirás. O pazo foi pagado cos fondos públicos dunha dubidosa subscrición popular e entregado ao ditador en plena Guerra Civil.

Actualmente, o caso está pendente dunha resolución do Tribunal Supremo (TS), xa que Carmen Franco recorreu ao Alto Tribunal solicitando “medidas preventivas” polos gastos de seguridade e o “risco de atentados” que suporía a apertura do inmoble aos visitantes. Sen embargo, o TSXG avalou xa que a Xunta debe iniciar de inmediato as visitas públicas ao lugar.

"Inminente apertura"


Foron varias as datas fixadas pola Xunta para a apertura dunha das iconas do franquismo, residencia de verán do caudillo durante case catro décadas. En setembro do ano pasado, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, asegurou que apertura do recinto produciríase “en menos dun mes”. E, en febreiro deste mesmo ano, o director xeral de Patrimonio, Jose Manuel Rey Pichel, manifestou a necesidade dunha “inminente apertura”. Nesa ocasión, Pichel cualificou a actitude de Carmen Franco como “prudencia lexítima” e asegurou que as conversas nas que o seu departamento leva meses enfrascado estaban sendo “positivas”. Ademais, asegurou que “non hai oposición por parte de Carmen Franco, senón “prudencia lexítima”.
Comentarios (1)
a señora de meirás non é tal
1 Xoves, 19 Agosto 2010 14:03
Nemigo
como que "propietaria" do pazo?
Os propietarios do pazo somos todos: foron os nosos antergos os que pagaron o pazo

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

beys1.jpg
luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1198091

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 53 convidados en liña
martelopng.png