Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
18
Ago
2010
Xornada homenaxe ao combatente e loitador antifranquista Segundo Vilaboy Martínez en Ferrol o 28 de
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Homenaxe a Segundo Vilaboy   
Xornada homenaxe ao combatente e loitador antifranquista Segundo Vilaboy Martínez en Ferrol o 28 de agosto de 2010.

Ferrolán, traballador dos estaleiros e Secretario Político do comité ferrolán do Partido Comunista, foi asasinado no ano 47 a garrote no cárcere de Caranza despois de ser detido, torturado e paseado pola Garda Civil durante días polos distintos lugares da comarca coa intención de que delatara aos seus camaradas, cousa que non foron quen de conseguir.

Obreiro e comunista, adicou toda a súa vida á loita pola liberdade da súa clase. Podemos lembrar a súa participación, canda aos seus irmáns, na coñecida como folga do aceite nos estaleiros. Segundo Vilaboy era un combatente e un loitador, un exemplo de compromiso e adicación á loita antifranquista, e ademais, como lembran os máis achegados, unha gran persoa, un verdadeiro Camarada, alguén no que se podía confiar, todo un exemplo a seguir.

Actos da xornada

17:00 Ofrenda Floral no cemiterio de Catabois. Cadro 352.

18:30 Charla a cargo de Bernardo Máiz Vázquez (Historiador).

"Segundo Vilaboy no Antifranquismo Galego(1936-1954)"

Bar Chimarrao(Rúa Sartaña 61).

21:30 Concerto:

RPG 7

MOSSIN NAGANT

MENCER VERMELLO

Bar Chimarrao (Rúa Sartaña 61) Entrada 5€



Queridos camaradas: comezo escribindo esta carta que non sei se poderei rematar. Sei que se aproxima a miña fin, pois o vexo na cara dos meus gardiáns, e xa estou presenciando os preparativos das feras que se dispoñen a darse un festín sanguento e precisamente en vésperas de Noiteboa. Así son estes chamados católicos...

Desde o día en que me colleron, sen sentido porque con vida xamáis me deixaría atrapar, non lles importou que estivera case moribundo. Primeiro foron os interrogatorios de 12 a 14 horas ata que, esgotado, perdía o coñecemento. E cando viron que con palabras e promesas nada sacaban de min comezaron as torturas. Nin eu mesmo recoñezo as miñas mans e os meus pes. Estiven 15 días que non podía mexar máis ca sangue ... O mesmo que case sen vida me gritaban, ou cantas ou te matamos, a miña resposta foi e segue sendo a mesma: a miña vida poderedes quitarma, pero non a dignidade. Neses momentos lembrábame de que son comunista e un guerrilleiro, e os comunistas non se acovardan, non cantan xamáis. Ante isto que importa perder a vida!! ...

...
Camaradas despídome de todos, dos que foron meus compañeiros de traballo, dos meus irmáns guerrilleiros, da gloriosa IV Agrupación e de nosoutros, camaradas do Partido. Despídome da miña amada Galicia, pola que dou a miña vida, con este berro que sairá da miña gorxa no derradeiro momento: Viva o Partido Comunista!! Viva a República!"

Segundo Vilaboy Martínez.

Extracto da carta enviada á dirección do Partido Comunista de Ferrol o 17 de decembro de 1947.

Biografía

SEGUNDO VILABOY MARTÍNEZ (1918-1947)


- Nado en Ferrol o día 28 de novembro do 1918.

- Fillo de Ramón e de María Juana.

- Solteiro.

- Residente na rúa Ánimas nº 71 de Ferrol.

- “Plomero de tubo” en Construcciones Navales Militares de Ferrol.

- Data de ingreso na empresa: 27 de xaneiro de 1941.

- Secretario Político do comité ferrolán do Partido Comunista, nome de guerra “Villa”.

- Data de baixa na empresa: 17 de abril de 1947 por faltas de asistencia sen xustificar.

- Fuxido á guerrilla o 31 de xaneiro de 1947: destacamento Manuel Eibe da IVª Agrupación Pasionaria do Ejército Guerrillero de Galicia.

- Despois dun tiroteo Segundo Vilaboy foi capturado pola G. Civil o 26 de maio do 1947 na coñecida como “Casa de Delfino”, preto do río Belelle, no lugar de Taboada, na parroquia de Sillobre(Fene). A casa era a residencia de Aurora Frutos Sánchez “Coloma” (tamén detida ese día) e de José María Saavedra Díaz quen fuxíra en 1946 e loitaba na IIª Agrupación Guerrilleira (Ourense) ata ser capturado e executado no cárcere de A Coruña o 23 de xullo de 1949.

- Segundo Vilaboy estaba armado cun mosquetón “mauser” (que tiña gravada na culata en baixo relevo a estrela de cinco puntas e na parte central desta a fouce e o martelo cruzados, todo con fondo vermello), unha granada “Lafitte” e unha pistola “JO.LO.AR.” de calibre 9mm curto, coa que fixera sete disparos.

- No tiroteo Segundo Vilaboy fora ferido grave por un disparo na cabeza, bala de calibre 9mm longo.

- Segundo Vilaboy foi ingresado ese día 26 de maio no Hospital de Mariña de Ferrol, onde foi operado.

- Segundo Vilaboy foi interrogado o 29 de maio do 1947, no propio Hospital de Mariña.

- Descrición policial de Segundo Vilaboy con data 10 de xullo de 1947: "Pelo castaño, ojos al pelo, nariz aguileña, boca regular, barba poblada, frente despejada, estatura regular".

- Comezando agosto de 1947, o fenés “Chanqueiro” (enlace da guerrilla) preparou cun automóbil e un fusil ametrallador un rescate que non se realizou por negarse Segundo Vilaboy.

- Alta médica de Segundo Vilaboy no Hospital de Mariña de Ferrol o día 9 de agosto de 1947.

- Segundo Vilaboy foi trasladado ao cárcere de Ferrol o día 14 de agosto de 1947.

- Por orde do xuíz militar Segundo Vilaboy foi entregado á G. Civil o día 19 de agosto de 1947.

- Sometido a Consello de Guerra Sumarísimo os días 30 e 31 de outubro de 1947.

- Sentencia: pena de morte para Segundo Vilaboy por rebelión militar con agravantes. Seis anos a Aurora Frutos por auxilio, pena que cumpriu no cárcere de Segovia, saíndo en 1950.

- O 17 de decembro do 1947 Segundo Vilaboy redactou unha carta que foi publicada por primeira vez no forzosamente clandestino MUNDO OBRERO o 15 de xaneiro de 1948.

- Ás seis horas do 19 de decembro do 1947 Segundo Vilaboy Martínez foi executado por garrote no cárcere del partido, rúa da Muralla de Ferrol.

- Foi enterrado ese mesmo día no cemiterio de Catabois de Ferrol, cadro 352, fila 4.

Información extraída fundamentalmente das Causas nº 270/47-274/47-476/47-493/47 (Archivo Mlilitar del Noroeste, Ferrol), recollidas no libro “Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra. Ferrol. 1936-1975”. Bernardo Máiz Vázquez. Ed. A Nosa Terra, 2004.


Documentación elaborada e achegada polo historiador Bernardo Máiz Vázquez

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Domingo, 05 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

¡A Libertade nunca

perdéu ningunha loita!

...

¡Adiante a terra a nosa!



Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

beys1.jpg
luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4731

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1192385

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 78 convidados e 1 membro en liña
martelopng.png