26 Xu 2010 |
Carta dos familiares das vítimas do franquismo ao alcalde da Coruña, Sr. Losada, urxíndolle a que du
|
Carta dos familiares das vítimas do franquismo ao alcalde da Coruña, Sr. Losada, urxíndolle a que dunha vez resolva a ubicación do monumento-memorial de homenaxe ás persoas asasinadas polo franquismo na comarca da Coruña Sr. D. Javier Losada Alcalde da Coruña As persoas que firmamos este escrito somos familiares das máis de seiscentas persoas da comarca da Coruña que foron asasinadas polos fascistas, despois da sublevación militar de 1936 contra a legalidade constitucional da II República. Aquí houbo un auténtico xenocidio: matanza sistemática dunha colectividade por motivos relixiosos, de raza ou políticos; uns crimes contra a humanidade que, segundo a ONU e outros organismos internacionais, non prescriben. Os nosos familiares o único que fixeron foi defender a democracia e a liberdade e é unha auténtica vergoña que non teñan o recoñecemento que merecen. O nome de moitos deles está esquecido, non aparece publicamente. Por outra parte, en moitos casos nin sequera hai unha sepultura porque os seus corpos están aínda nas cunetas ou os seus restos abandonados nos cemiterios. Por iso solicitamos á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) que fixese xestións para levantar un monumento-memorial onde figurasen os nomes de todas as vítimas da comarca. Considerábamos que A Coruña era o lugar máis indicado para o seu emplazamento, xa que é a capital comarcal e a que ten máis vítimas. O entorno do cemiterio de San Amaro podería ser un lugar axeitado. En xaneiro de 2010 levamos unha gran alegría cando tivemos noticias de que o ministerio da Presidencia concedía unha subvención á CRMH para facer ese Memorial. Queremos, sr. Alcalde, manifestarlle a nosa preocupación porque, despois de cinco meses, aínda non escoitamos un pronunciamento por parte do concello da Coruña a favor da creación do citado Memorial, nin a súa disposición a facilitar a súa ubicación na nosa cidade. Cremos que a subvención do ministerio da Presidencia abre a posibilidade de levar a cabo este proxecto, que as familias das vítimas demandamos desde hai anos. Este non é un proxecto partidista, xa que con este tipo de subvencións están xa construídos memoriais en concellos gobernados por distintas forzas políticas, como é o caso de Salamanca (alcaldía do PP), León (alcaldía do PSOE), Palencia (alcaldía do PSOE) e outras moitas cidades. Sería un auténtico desprezo á memoria das vítimas do franquismo, que ninguén entendería, que non se puidese facer este Memorial por falta de colaboración institucional por parte do concello da Coruña. Sería unha auténtica inxustiza que as vítimas do franquismo poidan convertirse, tamén, en vítimas do esquecemento. Esperamos o apoio do concello da Coruña a esta iniciativa da CRMH e que se faciliten todos os medios necesarios para a instalación deste Memorial. Solicitamos tamén, formalmente, unha entrevista con vostede para falar deste tema. Reciba un cordial saúdo. A Coruña, 18 de xuño de 2010 RELACIÓN DE PERSOAS CON FAMILIARES ASASINADOS QUE ASINAN O ESCRITO AO ALCALDE DA CORUÑA
Para calquera información ou comunicación por parte da Alcaldía, poden dirixirse a Dolores Ares Torres (filla de Laura Torres Meitín). Santo Tomás, 19 (cociñas Noeva) 15002 A Coruña. a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Tfno.: 676281248
----------------
Laura Torres Meitin. Filla de Xosé Torres Regueiro e irmá de Antonio Torres López
Mar y Luz Villaverde Otero. Filla de José Villaverde Velo
Xesús Dopico Gómez. Sobriño de Alejandro Dopico Saleta
Beatriz Parga Massa. Curmá de Manuel Bello Parga
Joséfina Amor Castiñeira. Filla de Cipriano Amor Sánchez
Dolores García Suárez. Filla de José García Vázquez
Francisca Babío Pose. Nora de Manuel Montes Don
Mercedes Longueira Souto. Filla de Xosé Longueira Bermúdez e sobriña de Tomás Longueira Bermúdez
Xosé María Palacios Ares. Neto de Alejandro Basilio Palacios
Sergio Andrade. Fillo de Benigno Andrade García, “Foucellas”
Emilio González Ledo. Irmán de José Luis González Ledo
Francisco Pillado Maior. Curmán de Federico Rivadulla Gómez
Silvia C. Miguélez Latorre. Neta de Antonio Varela Miguélez
Manuel Taboada Marzoa. Sobriño de Joaquín Taboada Díaz
Gerardo García Moreira. Sobriño de Antonio Lorenzo García
Elena Espiño Varela. Sobriña de Antonio Varela Sanjurjo
Pedro Galán. Sobriño de Pedro Galán Calvete
As citadas persoas asasinadas figuran na relación certificada polo proxecto “Voces e Nomes”, excepto Cipriano Amor Sánchez e José Luis González Ledo, que están desaparecidos (parece ser que nas fosas de Aranga).
Amosa a túa opinión sobre este artigo
|


















