12 Out 2006 |
Obxectivos da Comisión
|
A existencia desta asociación ten como fins os que se indican deseguido Recuperar a memoria histórica da Galiza, porque non pode entenderse o presente e construír o futuro se ignoramos o noso pasado. Recuperar e divulgar a memoria histórica de todos aqueles cidadáns galegos, homes e mulleres de moi diversas ideoloxías (en todo caso leais ao réxime constitucional da II República, ás liberdades democráticas vixentes naquel momento e ao Estatuto de Autonomía de Galiza), que, tras o levantamento militar antidemocrático e inconstitucional de 1936, foron asasinados, pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista, foron perseguidos e encarcerados até o exterminio ou tiveron que padecer a emigración e o exilio ―tamén na propia terra―, mesmo continuándose nel, nalgúns casos, a loita polo restabelecemento das liberdades do pobo galego e pola reconstrución dun réxime democrático na Galiza. Coordinar, dar pulo e axudar no traballo de cantas persoas e entidades, tanto públicas como privadas, realicen actividades encamiñadas á recuperación da memoria histórica da loita galega antifascista, en xeral, e antifranquista, en particular. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|



















