Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
Publicacions da memoria
Eiquí atoparás tódals publicacións en difeenes formatos (Word, PDF, etc.) relativas a temas de memoria e represión franquista

DocumentosData

Ordenar por : Nome | Data | Descargas [ Ascendente ]
file icon José Souto Soutohot!Tooltip 06/08/2011 Descargas: 624

Jose SoutoO 8 de Setembro de 1916 naceu José nunha familia mariñeira e pescadora. Foron seis irmáns, tres mulleres, Carmen, Nieves, Amalia e tres homes, Víctor, Rafael e José. Viviron en Loureiro (San Pedro de Visma, na Coruña), pero cando levaron a buceta (1) para Riazor, dende O´Portiño, mudáronse a casa de Labañou. Alí seus pais José Souto e Amalia Souto tiñan unha horta,onde cultivaban nabizas.

As mulleres vendían o peixe que os homes da familia, na súa pequena embarcación, pescaban, que, xunto cas nabizas, era o motor da economía familiar.

Ó chegar a República entrou na familia José Longueira Bermúdez, que casou con Nieves. Tiveron dúas fillas, Chiruca e Marisa...

file icon Dia Da Republica 2011hot!Tooltip 03/29/2011 Descargas: 726
Tríptico de difusión das actividades do Día da República 2011
file icon Calendario Republicano 2011hot!Tooltip 03/15/2011 Descargas: 1010
Para a súa descarga e uso público, poñemos a súa disposición este Calendario Republicano do ano 2011. Agardamos que lle sexa de utilidade. Síntase libre de recomendalo no seu círculo de amizades.
file icon Informe das Fosas de Arangahot!Tooltip 06/10/2010 Descargas: 1845
Amplo informe sobres as fosas de Aranga, que foi coordinado polos historiadores Emilio Grandío e Eliseo Fernández. Esperamos que este material sirva como soporte para a publicación de reportaxes sobre o maior número de fosas de Galicia, que se concentran no concello de Aranga, con máis de 80 persoas.
file icon 108 rúas para CoruñaTooltip 09/24/2009 Descargas: 77
 Historicamente non se tivo en conta ás mulleres á hora de colocar o nome de novas rúas, que ocupan hoxe menos do 5% do nomenclátor actual. Consideramos que hai que acabar con esta lamentable situación e recuperar a igualdade: nas novas rúa debe haber, como mínimo, o mesmo número de mulleres que de homes. Incluímos na relación a trinta mulleres, que figuran sempre ao principio de cada apartado

   Facemos un agrupamento das 108 rúas en diversos apartados; é evidente que se poden facer outros moitos agrupamentos, xa que algunhas persoas teñen múltiples perfiles: poden ser socialistas, mais tamén republicanos; significadas persoas da cultura e galeguistas; afiliados á CNT e dirixentes comunistas, etc.
A Coruña aproba a eliminación da simboloxía franquista

              UN DÍA HISTÓRICO

Valoración de Manuel Monge, presidente da CRMH da Coruña e membro do grupo de expertos que elaborou o informe
Listaxe elaborada pola Comisión de expertos designada polo Concello da Coruña para a supresión da simboloxía franquista do rueiro coruñés.
file icon Parte oficial de paz (audio/galego)hot!Tooltip 04/14/2009 Descargas: 340
Parte oficial de paz onde se relata que o Exercito sublevado foi derrotado
file icon Parte oficial de paz (audio/cast.)hot!Tooltip 04/14/2009 Descargas: 297
Parte Oficial de paz en castelán onde se relata que o Exercito sublevado foi derrotado
Folleto onde se recollen tódalas actividades a desenvolver arredor do día de República do ano 2009
file icon A despedida dos executadoshot!Tooltip 03/28/2009 Descargas: 423
A despedida dos executados e a contestación das súas familias 70 anos despois. Relacionado co artigo Morro tranquilo e orgulloso... na sección Artigos
file icon Folleto Sanjurjadahot!Tooltip 03/27/2009 Descargas: 373
¿QUEN ERA O XENERAL SANJURJO? (díptico informativo)O concello da Coruña, en aplicación da lei da Memoria Histórica, vai proceder ao cambio de nome dalgunhas rúas franquistas da nosa cidade; entre elas está a   Avenida del General Sanjurjo.Este xeneral foi un golpista por partida dobre, xa que participou no intento fracasado de sublevación militar de 1932 contra a República e no Golpe de Estado de 1936.
file icon Simboloxía franquista na Coruñahot!Tooltip 03/13/2009 Descargas: 432
Listaxe de símbolos franquistas na cidade da Coruña
Condena do fascismo e aplicación da Lei da Memoria Histórica no Estado espanhol
Persoas, como Arcadio Vilela e José Toubes, que participaron na represión que seguiu á sublevación militar de 1936 e que ocasionou máis de 800 asasinatos de demócratas e republicanos na comarca da Coruña, non merecen ningunha rúa na Coruña
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
Páxina 1 de 3