09 Feb 2010 |
Rei ou Presidente da República
|
Rei ou Presidente da República Conversa nunha taberna sobre a III República e o Rei Bieito: O da III Republica cada vez ten máis eco na opinión pública, Non creedes? Xan: E iso que este tema en falsimedia, "nasti de plasti!"
Francisco: Si home, Público saca algunhas cousiñas de pobos que se unen ao movemento pola III República... Xan: Bo, e O País algunhas veces. Cando un alcaldiño ou concelleiriño do PSOE, un pouco despistao, sáese do curral e apoia algúns actos destes. Francisco:Si... non é frecuente, pero é que nalgúns actos ou en todos cando homenaxean aos republicanos caídos están a homenaxear a moitos socialistas. Miguel: Ti mesmo dixéchelo, "Socialistas", pero é que esta xente de agora do PSOE non son socialistas, son dos seus intereses, das súas familias e dun partido que defende o contrario ao socialismo que é o capitalismo. Esta xente que se achega a estes actos sendo hoxe do PSOE, achéganse por puro interese familiar e xa está. Bieito: É máis, eu creo que cando O País, polo menos O País, ao Público vénselle outras plumas, por agora, cando O País saca estas noticias de concejalillos achegándose ao rojerío, faio para que os seus xefes tomen nota e mesmo para que lles chamen a atención. Francisco: Non me estrañaría, no Grupo Prisa hai malo leite para iso e para moito máis. Miguel: De todos os xeitos, ao meu iso da III República non me acaba de convencer moito. Que pasa, que quitariamos a un tragaldabas como é o Rei, para pór a outro tragaldabas, que sería o Presidente da Republica. Non é o mesmo? Non farían a mesma función? Xan: Home, Miguel, supoñendo que faga a mesma función... Vale! Pero polo menos, un Presidente da Republica seguro que cobra menos que o Rei e cobra el só. Nesta monarquía, é que cobra un pastón o Rei, ademais de levar os tantos por cento de todas as negociacións económicas que se fan con outros países e ademais, cobra a muller outro pastón por Raíña, e as fillas e o fillo outro pastón por ser o que son, e os xenros e xenras outro pastón, e os irmáns e irmás dos xenros e xenras outro e os curmáns outro... e eu non se até onde chegan cobrando estes auténticos parásitos. É que nacen e xa cobran nun mes máis que calquera traballador nun ano. É que non vexas o que se aforraría o Estado cun Presidente da Republica, aínda que estea excesivamente ben pagado. Bieito: Non, e no político, no político tamén cambia unha chea a cousa. A este Rei quen o elixiu, si non o ditador Franco? Con que autoridade moral van, os gobernos elixidos democraticamente no Estado Español, e critican ou se queixan de que outro país non teña un goberno democrático? Francisco: E o desfasada que está unha monarquía en pleno século XXI, Home! Isto que é, de xente que manda por orde divina, que herdan condicións, títulos, cargos... isto non se dá xa nin nos exércitos. Miguel: Tamén é verdade todo o que dicides. O que pasa é que ao meu non me gusta ningún tipo de poder, nin necesito a ninguén que me mande e por tanto non necesito nin elixilo, porque non o quero. Bieito: Xa, pero estamos no outro extremo do que ti e eu desexariamos e polo menos, ao meu gustaríame dar un paso, como di o Presidente Chávez: "polo momento" e saír deste bulleiral no que nos meteron. Manolo (O taberneiro): Veña que pecho!!! Imos brindar pola III República! Saúde para todos!
|








