Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
19
Feb
2007
Acerca do Pazo de Meirás
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrador   

 

Acerca do Pazo de Meirás

Breve reseña histórica do Pazo de Meirás

 

A pesar do seu aspecto medieval, a antigüidade das Torres de Meirás non se remonta mais aló do século pasado. A escritora Emilia Pardo Bazán, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851, posuía neste lugar unha finca e as ruinas dunha casa forte da súa familia, que fora destruída polas tropas francesas durante a guerra da independencia no ano 1809. Ese primitivo pazo ou casa forte pertencía desde o século XVI aos Patiño de Bergondo, que se uniron por enlaces matrimoniais cos Pardo de Lama, dos que descendía a escritora coruñesa que posuía o título de condesa (Condesa de Pardo Bazán). Este título fóralle concedido por Alfonso XIII en recoñecemento a súa importancia no mundo literario, e a escritora comezou a empregalo en 1908.

Foi ela a que ideou a finais do século XIX a construción do novo Pazo (a construción que coñecemos hoxe) poñéndose a primeira pedra en 1893. Alí pasaba grandes tempadas, escribía e tiña reunións con literatos . Cabe subliñar a estadía no Pazo de Meirás de Unamuno o 19 de xuño de 1903 convidado por Emilia Pardo Bazán. Unamuno viñera por esas datas a Coruña para pronunciar unha conferencia no Teatro Principal desta cidade convidado polo Círculo de Artesanos. Compoñen o conxunto tres torres almenadas desiguais. As dúas torres frontais están unidas por un pequeno edificio que aloxa un solemne vestíbulo, e entre as outras dúas está a capela, cunha portada románica auténtica (trasladada doutro lugar). Nesta capela celebrou a súa voda a propria escritora o 10 de xullo de 1868. Tamén se poden atopar alí pezas arqueolóxicas interesantes, cruceiros, fontes, balaustres, escudos... traidos doutros Pazos (Sada, Ximonde, Hermida) nomeadamente nos tempos nos que Francisco Franco o empregou como residencia no verán. Cabe subliñar que a maioría destas pezas foron “regalos” feitos por concellos e outras administracións durante a estadía de Franco no Pazo, ou “caprichos” da esposa do Caudillo, Carmen Polo, que foi expoliando o patrimonio cultural galego. De Carmen Polo era coñecida a súa afición polas antigüidades, ben nos anticuarios (onde nunca pagaba), ou ben polas pezas de grande valor arquitectónico que se atopaban por todos os recunchos da Galiza, e que eran trasladados ao Pazo se Carmen Polo se encaprichaba con eles

No andar superior da torre que mira cara Sada, tiña a condesa Emilia Pardo Bazán a súa biblioteca, que en parte consérvase na sede da Real Academia Galega na Coruña. Naquela torre, que ela chamaba a da Quimera escribía os seus artigos e libros.

 



 
Domingo, 05 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg
gibsonnails.jpg

Diccionario galego

luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4736

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1192708

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 81 convidados en liña
martelopng.png