Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
01
Set
2010
Recordo dos desaparecidos na Guerra Civil e a ditadura.
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xornal de Galicia   
Recordo dos desaparecidos na Guerra Civil e a ditadura.

Cada 30 de agosto a Asociación da Memoria Histórica e diferentes organismos de dereitos humanos de todo o mundo conmemoran o Día internacional dos Desaparecidos e Desaparecidas. Trátase dunha data que ten por obxecto denunciar a existencia de miles de familias no mundo ás que lles foi arrebatado un dos seus membros, detido ilegalmente, asasinado e cuxo cadáver foi escondido como unha forma de castigo tras a morte.
No caso do Estado español, hoxe en día existen numerosas fosas comúns nas que poderían atoparse como mínimo os restos de 113.000 homes e mulleres, asasinados durante a Guerra Civil e a ditadura franquista. Así, Amnistía Internacional denunciou onte que máis de cen mil familias seguen sen saber onde están os seus seres queridos.

Pola súa banda, a Asociación da Memoria Histórica declarou que estas familias se atopan ante un “delito permanente e iso quere dicir que se está cometendo todos os días”. Por iso, desde a asociación requírese urxencia das institucións á hora de actuar. “Cada día que o Estado non fai nada por atopar a eses desaparecidos está omitindo o seu deber en pór fin a un secuestro e segundo o Convenio Europeo de Dereitos Humanos nunha forma de malos tratos ás familias”, apuntou a entidade.

O Estado español recibiu indicacións de diferentes organismos internacionais: desde Nacións Unidas, o Consello de Europa ou a Comisión Internacional de Xuristas para que sexa parte activa na procura dos desaparecidos. Foron diversos os compromisos adquiridos polo Estado español nesa materia e “son incumpridos permanentemente”, denuncia a Asociación da Memoria Histórica. Nesta mesma liña, Amnistía Internacional tamén sinala que

as autoridades españolas “seguen sen cumprir os seus compromisos coa legalidade internacional” ao non incluír no seu Código Penal o delito de desaparición forzada conforme á definición da Convención de Nacións Unidas para a Protección das Persoas ante a Desaparición Forzada.

O certo é que coa Lei da Memoria Histórica o Goberno tratou de recoñecer e ampliar dereitos a quen padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a ditadura do xeneral Franco. Non obstante, a aplicación desta vai moi despacio e os familiares dos represaliados teñen que custear en moitos casos a exhumación e identificación dos restos mortais.

Por outra banda, os intentos de investigar e xulgar os crimes do franquismo quedaron no aire ante a imputación do xuíz Baltasar Garzón por delitos de prevaricación. Neste senso, a reacción que suscitou nalgúns sectores o intento de investigar os crimes do franquismo demostra que esa etapa da historia segue sendo tabú aínda que pasen máis de 30 anos desde a morte do ditador. Pon de manifesto, ademais, a resistencia da dereita a rememorar aquel pasado e a achegar xustiza ao bando dos perdedores, cuxos descendentes pretenden atopar, exhumar e dar unha sepultura aos seus familiares desaparecidos. É natural e lexítimo que queiran recuperar a memoria, algo no que deberían estar de acordo todas as formacións políticas para tratar de resarcir ás vítimas e atopar puntos en coincidencia que permitan construír unha memoria compartida.



 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

¡A Libertade nunca

perdéu ningunha loita!

...

¡Adiante a terra a nosa!



Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg
manzoni.jpg

Diccionario galego

luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1198002

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 96 convidados en liña
martelopng.png