Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
27
Xul
2010
A memoria histórica (I)
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alfredo Iglesias Diéguez para "Galicia Hoxe"   
A memoria histórica (I)

O futuro da II República decidiuse en Galicia nos tres tráxicos días de xullo que van do 18, día no que se sublevaron contra a legalidade republicana os militares fascistas, ao 21, día no que se deu por concluído o golpe de Estado na maioría das vilas e cidades galegas, agás naquelas nas que os enfrontamentos bélicos seguiron uns poucos días máis.




Tras eses días, o pobo galego foi vítima dunha violenta represión e dun terror totalitario que segou as vidas de milleiros de galegos e galegas e frustou as esperanzas de progreso e liberdade que alimentara a República. O pobo galego, daquela, non puido defender coas armas a legalidade vixente, da que era firme partidario, como demostran dous feitos: o inequívoco apoio ao proceso estatutario, plebiscitado o 28 de xuño, e o masivo apoio ás candidaturas republicanas expresado nas eleccións de febreiro.

Así, á marxe duns poucos homes e mulleres que se botaron ao monte ou atravesaron a fronte para pasarse ao bando republicano, un feito novelado por Ramón de Valenzuela en Non agardei por ninguén (1957), a represión afectou á maioría da poboación, tanto ás autoridades militares que manifestaron a súa adhesión á legalidade republicana, como Salcedo, Caridad Pita ou Azarola, como ás autoridades civís que organizaron ou lideraron a defensa da República (gobernadores civís e alcaldes) e aos líderes políticos de diversa ideoloxía (Alexandre Bóveda, Heraclio Botana, Benigno Álvarez, Xoán Xesús González, Parrado...), os dirixentes sindicais e obreiros (José Villaverde, Claro Sendón...), os intelectuais galeguistas (Blanco Torres, Díaz Baliño...), os mestres (Segundo Abal, Juan Abramo Dios...) e, finalmente, ao pobo indefenso: máis de 3.500 persoas, entre homes e mulleres, foron "paseadas" ou sentenciadas a morte en "xuízos sumarísmos" por defender a liberdade e a democracia republicanas.

Con todo, alén da represión con resultado de morte, durante moito tempo despois da sublevación sucedeuse outro tipo de represión, menos violenta pero igual de eficaz na estratexia de someter á poboación pola vía do medo: máis de 7.000 procesados; milleiros de persoas encarceradas ou obrigadas a realizar traballos forzosos en diferentes obras públicas; centos de funcionarios, pertencentes a diferentes escalas e corpos (Correos, municipais, mestres...), cesados; profesores universitarios, entre os que se atopaban notables investigadores (Parga Pondal, Baltar Domínguez...), destituídos; milleiros de desterrados e desprazados por todo o territorio estatal...

Ese terror, alén de provocar a perda de toda unha xeración que polo seu compromiso coa democracia e a liberdade era incompatible co novo estado ditatorial e necesarias para garantir o progreso do pobo galego -cuxa eliminación consistiu un obxectivo de primeira orde para os militares sublevados-, serviu como un eficaz instrumento de dominación ao sinalarlle ao pobo galego o camiño a seguir para evitar coverterse en vítima da súa brutal violencia: o sometemento á nova orde fascista. Eís a pedagoxía do terror fascista que o pobo galego aprendeu naqueles tráxicos días de xullo e agosto do 36.



 
Domingo, 05 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg
pistoletto1.jpg

Diccionario galego

luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4736

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1192705

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 82 convidados en liña
martelopng.png