Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
06
Xul
2010
Non deixemos morrer os nosos mortos
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Pilar García Negro para CRMH   
Non deixemos morrer os nosos mortos

Todo se ergueu sobre o sangue. E este sangue vertido a cachón polos bárbaros que asolaron Galiza, que cobriron de dor e de vergoña os seus prados floridos, as marxes dos seus ríos e o fondo do mar; este sangue xeneroso e fecundo é o lagar de amor e de odio onde se amasa unha raza nova. Campesinos, obreiros, intelectuais, homes e mulleres de todas as tendencias que atopastes a morte a mans da barbarie desenfreada, que caístes baixo o agallope do cabalo de Atila, ceibo e desbocado na Galiza martirizada: agardade, na vosa gran paz e no voso gran silencio. A vosa dor será vingada; o voso tormento non será estéril. Os vosos fillos viverán nun mundo máis libre e máis feliz, de acordo coa arela das vosas almas e digno do sacrificio cruento das vosas existencias.

Estas palabras, terríbeis e proféticas, pertencen ao colofón do álbum Atila en Galicia, que Castelao compón en Valencia e asina en Xullo de 1937, con este envío: Moitas  veces os mártires crean mundos que os herois nin tansiquera son capaces de concebir. E na miña Terra complirase a vontade dos mártires. Sabía ben o noso compatriota que a súa patria, á que, desde un ano antes, el xa non puidera retornar fisicamente, sabía ben que ela estaba a padecer unha das modalidades piores dunha guerra como a civil española: a da falta de exército leal, a desamparada de calquer institución legal, a que deixou o campo libre a falanxistas, represores, vingadores e indesexábeis de toda caste… É Castelao o primeiro cronista  -crónica en tempo real e testemuño artístico insuperábel-  do terror padecido na nosa terra e, para maior escarnio, ocultado  ou desconsiderado na historiografía oficial española.

Por todo isto, a COMISIÓN para a RECUPERACIÓN da MEMORIA HISTÓRICA da CORUÑA, cumprindo aquela manda de Castelao, quer manter viva a recordación de non menos de seiscentas persoas de toda a comarca (A Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral) asasinadas após o golpe militar. E esta recordación conleva moito máis do que un monumento inaugurado no Campo da Rata, como varias institucións viron e apoiaron, mais como non ve, ao que parece, o alcalde da Coruña. É meritísimo o traballo desta Comisión, pois está a colaborar, de forma decisiva, a que se abra paso a verdade histórica, a que colocará a Galiza no lugar que lle corresponde, a que cure anacronismos e rotinas históricas inxustificábeis (que xa Castelao se adiantaba a denunciar no seu Sempre en Galiza). Non se trata, en absoluto, dunha listaxe cerrada, pois o inventario, datación e contextualización de todas as vítimas segue a deitar a cada paso máis mortos, castigados ou damnificados de millenta maneiras. Tal martiroloxio é, tamén, o correlato das votacións habidas en Febreiro de 1936, que deron a vitoria ás candidaturas do Frente Popular, e mais da multitudinaria resposta positiva ao plebiscito do Estatuto Galego, celebrado no 28 de Xuño do fatídico ano.

Non é, por tanto, non debe ser, a reivindicación da memoria histórica galega un ritual ou unha efeméride máis. É moito máis: é a construción, con materiais veraces, da nosa identidade, nun momento histórico crucial, e con toda a coraxe necesaria para defenderen, estes nosos compatriotas, unha legalidade republicana e unha lexitimidade galega. Non deixemos morrer os nosos mortos, sentenciaba, coa súa lucidez proverbial, Eduardo Blanco Amor. Autoridades varias: non enterren por  segunda vez os mortos de morte matada hai máis de  setenta anos.


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg
gibsonnails.jpg

Diccionario galego

luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197749

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 60 convidados en liña
martelopng.png