Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
19
XuÃ
2010
Bloody mércores
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Escolar.net   
Bloody mércores

Entre Derry e Vitoria, entre o Bloody Sunday e aquel mércores de sangue, non hai só catro anos e 1.392 quilómetros de distancia




Fraga e Martín Villa comprobando o resultado do seu traballo.Vitoria 1976.


O 30 de xaneiro de 1972 o exército británico abriu fogo contra un grupo de manifestantes católicos en Derry, no Ulster; 14 mortos, mortos, 15 feridos graves. Foi un acto que "nin estaba justificado nin é xustificable", en recentes palabras de David Cameron. "Nunca debería ocorrer", subliñou hai dous días o novo premier británico. Pero non quero falar só dese domingo sanguento senón tamén doutro día, catro anos despois; un mércores de sangue. O 3 de marzo de 1976 a policía ametrallou en Vitoria a un grupo de obreiros en folga que se refuxiaron na igrexa de San Francisco para celebrar unha asemblea de traballadores. Foron desaloxados a tiros e a culatazos, co permiso expreso da cadea de mando. Morreron cinco obreiros e máis de cen resultaron feridos, moitos deles de bala.


"O Goberno é en última instancia responsable da conduta das forzas armadas. Por iso, en nome do Goberno e do país, descúlpome profundamente do que ocorreu". A desculpa non é de Manuel Fraga, o ministro de Gobernación que dirixía a aquela policía gris chumbo; nin de Rodolfo Martín Vila, o entón ministro de Relacións Sindicais que axudou a Fraga na xestión posterior da matanza. A desculpa é outra vez de David Cameron, esta semana.

Entre Derry e Vitoria, entre o Bloody Sunday e aquel mércores de sangue, non hai só catro anos e 1.392 quilómetros de distancia. Hai todo un mundo e 230 millóns de euros, que é o que se gastou o Reino Unido en aclarar aquel tráxico domingo; en remover a historia, que diría nosa patriótica muchachada. A comisión de investigación tomouse 12 anos, entrevistou a unhas 2.500 persoas e, con ese traballo, elaborou un rigoroso informe: máis de 5.000 páxinas coa verdade sobre a matanza. Poida que sexa unha verdade lenta, incómoda e cara. Pero sen a verdade, a xustiza e a memoria, é seica posible a democracia?



 
Domingo, 05 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg
pistoletto1.jpg

Diccionario galego

luna.png

Contadores

Membros : 154

Contido : 4735

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1192654

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 63 convidados en liña
martelopng.png