Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
08
Abr
2008
“LOLECHA”, Dolores Garcia Suárez, recibirá a distinción MEMORIA DA CORUÑA 2008
PDF Imprimir Correo-e

Dolores Garcia Suárez “LOLECHA”

Distincion Memoria da Coruña 2008

Por acordo da Xunta Directiva da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña, Dolores García Suárez, “Lolecha”, recibirá a distinción Memoria da Coruña 2008; o galardón -unha escultura de Pepe Galán, autor tamén do monumento ás vítimas do Portiño- será entregado na Cea da República, que terá lugar o sábado,12 de abril, ás 21 horas no restaurante Fontenova, despois da inauguración do monumento ás vítimas do portiño, que será ás 19,30 horas. A CRMH quere recoñecer así o traballo de Lolecha por recuperar a memoria histórica da Coruña e, ao mesmo tempo, facer unha homenaxe a todas as familias que perderon a seres queridos, vítimas da ditadura franquista, por defender a democracia e a liberdade.


Lolecha ten agora 84 anos, naceu o 15 de setembro de 1923 no lugar de Loureiro de San Pedro de Visma. Foron sete irmáns: Dolores, Manuel, Francisco, José, Fina, Rosa e Luisa. Desde a recente morte do seu marido, Ángel Villamisar Gómez, vive no Grupo de Pescadores co seu irmán Paco. Lolecha púxose en contacto coa CRMH facilitándonos o certificado de defunción do seu pai José García Vázquez, que é unha das 19 vítimas do intento de fuxida do Portiño, ocorrida o 3 de marzo de 1937.


José García Vázquez foi detido e acusado por este intento de fuxida. Lolecha acudía todos os días ó cárcere da Coruña para levar comida ó seu pai e todo o que necesitase; mentres esperaba para ver ó seu pai, coincidiu con moita xente da Coruña que ía visitar aos presos. Despois dun consello de guerra, celebrado o 5 de xuño de 1937, José García Vázquez foi fusilado en Punta Herminia o 9 de outubro dese ano.

As persoas interesadas en participar na CEA DA REPÚBLICA, onde se entregará a distinción Memoria da Coruña 2008, poden inscribirse nos teléfonos 981924427 ou 645029338; o restaurante Fontenova está na Avda. Fisterra, despois do ambulatorio do Ventorrillo, fronte a “Caramelo”; o prezo é de 18 euros.

 



 
Mércores, 08 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4772

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1200456

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 94 convidados en liña
martelopng.png