Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
18
Abr
2010
Elixio Villaverde: “Luísa Viqueira é quen máis loitou en México pola cultura galega”

Elixio Villaverde: “Luísa Viqueira é quen máis loitou en México pola cultura galega”

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Daniel Prieto para "Xornal de Galicia"   

Elixio Villaverde: “Luísa Viqueira é quen máis loitou en México pola cultura galega”

“Ela sempre se mantivo nun discreto segundo plano. A súa figura está insuficientemente estudada e recoñecida”



O investigador Elixio Villaverde (O Irixo, Ourense, 1954), doutor en Historia pola USC e profesor de Secundaria, é un dos maiores especialistas no exilio galego en México. Autor de obras imprescindibles sobre o tema como Pioneiros na Corrente do Golfo ou Galegos en México (1876-1936), premiado co Vicente Risco de Ciencias Sociais, é un gran coñecedor da figura de Luísa Viqueira, que este ano recibiu o premio Republicana de Honra outorgado pola Comisión pola Memoria Histórica da Coruña. O fillo da activista, Manuel Rodríguez, recolleu onte no seu nome nome o galardón na Coruña. Elixio, que viaxou en numerosas ocasións ao país azteca para entrevistarse con Luísa, considera que “é a exiliada que máis loitou pola cultura galega en México”.Que papel xogou Luísa Viqueira no exilio galego en México?


 Está suficientemente recoñecida a súa figura?

Malia pertencer á dirección das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) a finais dos anos 30 e 40, aínda que tivo un papel destacado entre no Partido Comunista Español nos 50 e a que foi unha comprometida e activa dinamizadora política e cultural nacionalista nos 60 e 70... Luísa sempre se mantivo nun discreto segundo plano. A súa figura, como a da maioría dos exiliados galegos en México, agás contadas excepcións, está insuficientemente estudada e moi pouco recoñecida. Mesmo foi unha das grandes esquecidas no Ano da Memoria, cando é a exiliada que máis loitou pola cultura galega en México.

Por que o país azteca, baixo a presidencia de Lázaro Cárdenas, acolleu de tan bo grao aos republicanos?

Cárdenas e o seu Goberno –Isidro Fabela, Bassols, Gamboa, Alfonso Reyes, Cosío Villegas, Genaro Estrada e outros–, tiñan unha simpatía fraternal pola Segunda República, antes, durante e despois da guerra. México apoiou ó goberno republicano cando as democracias da non intervención se negaban a venderlle armas ou a deixalas pasar mentres os sublevados recibían desde a Italia fascista e a Alemaña nazi avións, armamento pesado e unidades militares a esgalla. Os diplomáticos cardenistas denunciaron ante a Sociedade de Nacións esta hipocrisía e México, antes que a URSS, enviou 20.000 fusís con abundante munición e fretou desde Veracruz e desde terceiros países, barcos con armamento e material diverso, mentres lle foi posible.A cantos republicanos acolleu?O mexicano foi un dos maiores continxentes das Brigadas Internacionais, con personaxes tan emblemáticos como David A. Siqueiros, o Coronelazo e o goberno de Cárdenas acolleu en plena guerra ós case 500 Nenos de Morelia –entre eles oito galegos– e a intelectuais como o musicólogo Bal y Gay, que acabaría fundando a Casa de España. Rematada a contenda, en 1939, o goberno cardenista axudou a sacar das praias, naquel duro inverno “sen nome” que diría Max Aub, a milleiros de republicanos; e facilitoulle o embarque e a chegada a unha parte significativa dos 500.000 homes, mulleres e nenos que constituíron a primeira grande vaga de refuxiados políticos do século XX.Luísa, afiliada ao Partido Comunista, colaborou activamente con Luís Soto na creación da UPG.

Cal foi exactamente a súa filiación política e por que abandonou a militancia comunista?


Luísa integrouse desde principios da guerra nas XSU, que pronto chegaron ós 200.000 afiliados. Cando Carrillo recalou en México, procedente de Moscú, en 1942, ela é unha das dirixentes, a única de Galicia, que defende a permanencia da mocidade nas esforzadas XSU, fronte ó proceso de encadramento no PCE, que tiña en México a dirixentes do buró político como Checa, Uribe ou Mije. Participou nun colectivo de mulleres e tamén no grupo galego do PCE, onde agás ela, Soto –mentres estivo– e algún outro, a maioría falaba castelán. Nos 70 empezou a ter contradicións na liña do de Vilanova dos Infantes ou do ex-conseller da Generalitat, Joan Comorera, que se rebelara contra Pasionaria e Carrillo cando intentaran diluír ó Partido Socialista Unificado de Cataluña nun “todo orgánico” co PCE. Luísa fixo tamén algunha crítica en sintonía co dirixente Fernando Claudín, excluído da dirección do PCE en 1964; un Fernando e unha familia Claudín cos que os Viqueira-Landa mantiñan unha estreita relación desde os tempos da República.Que provocou ese afastamento?Luísa foi afastándose do Partido tamén, polo burocratismo, esclerose e catadura moral de individuos como un “panadeiro sevillano que lle recomendaba a Soto tomar copas de coñac para curar a súa úlcera”, en referencia a un dos máximos dirixentes do PCE no exilio mexicano, ó que Claudín denomina con fina ironía no seu libro sobre Carrillo, “el inefable Mije”.

Vostede entrevistou a Luísa durante a súa estadía mexicana. Que concepto tiña ela da Galicia que deixara?

Coñecina en febreiro de 1991, cando levaba seis semanas cun permiso sen soldo traballando nos arquivos mexicanos. Días mais tarde, presentoume o seu fillo Manuel e volvemos vernos os tres en xullo de 1992 e nos veráns de 1993 e 1995. Axudoume no que puido, respectando que a miña investigación se centrase máis nos pioneiros da emigración económica que nos refuxiados políticos, o que non era habitual entre os exiliados. Nos 70, cando Jacinta Landa entrega o arquivo de Viqueira á Fundación Penzol, ademais de con Díaz Pardo e algo con Alonso Montero, tivo contacto con Ramón Piñeiro. Esa viaxe de varios meses foi agridoce, de retorno á Galicia amada, pero tamén da lembranza da mocidade feliz truncada pola guerra.

Por que decidiu volver a México tras visitar Galicia por única vez en 1979?


Regresou porque tiña a súa vida, os fillos... Nunha das entrevistas que lle fixen, rememorando os veráns no pazo de Vixoi e na praia da Lagoa comentoume paseniño: “Eu tiven sempre morriña de Galicia”.O exilio galego en México, está suficientemente estudado?O exilio galego en México está menos estudado co de Arxentina, onde pesou moito a figura de Castelao. Hoxe xa se recoñece que é cuantitativamente o mais importante de América, como vimos defendendo algúns desde principios dos 90. Penso que, desde 1950, o grupo de México foi o de maior transcendencia na historia e na política galega contemporáneas.

Coñécese ben o traballo das personalidades galegas que acolleu México?

Ademais de individualidades da talla de Salvador de Madariaga, Arturo Souto, para min, o mellor pintor galego do século XX, Vázquez Humasqué, Carlos Velo, Osorio-Tafall, Alejandro Otero, Marcial Fernández, López Durá, Luisa Viqueira, Benavides, Pepe Caridad, os irmáns Mayo, Bal y Gay, Dopico, Santiago Genovés, Alejandro Finisterre ou Antonio e Puri Yánez, falta por estudar a conexión galega cos cubanos do Granma, a relación dos exiliados coa antiga emigración económica e toda a proxección que tiveron eses organizadores colectivos que foron o programa de radio Hora de Galicia, e sobre todo as revista Vieiros e Terra e Tempo, que chegaron a Galicia desde México profusamente, atravesando todas as alfándegas.Que cómpre estudar aínda?É fundamental un traballo en profundidade, contextualizado, sobre o grande animador e catalizador Luís Soto Fernández, para min –interiorizado co seu arquivo, que axudei a repatriar– a personalidade política máis importante do exilio galego en América, despois de Castelao. Axudaría neste proceso tamén que se animase a publicar un libro artesán e moi coidado sobre esta etapa, o ex militante da UPG e historiador Luis Gonçales Blasco.Que imaxes salientaría da vida de Luísa Viqueira?Conta o seu fillo que, cando chovía miúdo, saía á rúa e mollábase porque dicía que iso lle lembraba a Galicia. No aspecto humano, ademais da dureza dos primeiros tempos do exilio, o pasamento prematuro do seu pai, ao que lembra colléndoa da man e ensinándolle as primeiras palabras en galego, e a mágoa que supuxeron para ela as mortes tráxicas da súa tía Matilde Landa e do seu home, Rafael. A primeira, emparellada cun neto de Ganivet, das mesmas ideas, era unha activista e dirixente do Socorro Roxo Internacional e do PCE durante a Guerra, en estreita colaboración coa fotógrafa italiana, Tina Modotti, compañeira de Vittorio Vidali, o comandante Carlos do Quinto Rexemento.

Que recordo garda de Matilde Landa, a coñecida mártir do franquismo?

Xunto á súa nai Jacinta, á que coidou até a morte, Matilde e Tina foron dous referentes e valoraba moito nelas a súa capacidade de sacrificio polos demais. Inmortalizada por Miguel Hernández, foi recuperada recentemente polo grupo roqueiro Barricada: “Matilde Landa, republicana, no pudieron colgar de tu pecho ni crucifijos ni sotanas”, en alusión ao intento de convertela ó nacional-catolicismo na cadea para mulleres de Mallorca, onde se suicidou en 1942. En 1949, cando os seus fillos tiñan dous, catro e seis anos, mátanlle ó compañeiro nas aforas da cidade de México, en circunstancias nunca aclaradas. Imaxínate o resto, sacar adiante os fillos soa, con traballos non sempre ben remunerados.Como a definiría politicamente?É un dos paradigmas da evolución desde o vello comunismo español, disciplinado e combativo contra o franquismo pero con historias negras e sumidoiros que Luísa coñece ben, a un anovado nacionalismo galego, audaz e valente, no que tamén se integrarían vellos galeguistas de prestixio como o profesor de dereito da USC Xoán López Durá, do Consello de Galiza. Sempre tivo moi presente a Galicia.



 
Mércores, 08 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4772

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1200533

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 94 convidados en liña
martelopng.png