Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
18
Mar
2010
Luisa Viqueira Landa: Republicana de Honra do Ano 2010

Luisa Viqueira Landa: Republicana de Honra do Ano 2010

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Manuel Miragaia Doldán para "Galiciaé"   

Luisa Viqueira Landa: Republicana de Honra do Ano 2010

Pinga a pinga vaise reconstruíndo a historia roubada e oculta.  Urxe divulgala por hixiene democrática. Recoñecer aos que sufriron na propia carne a ditadura franquista e loitaron contra ela é unha obriga de xustiza. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña acaba de outorgar o título de Republicana de Honra deste ano á coruñesa exiliada en México Luisa Viqueira Landa. Ofrecemos como homenaxe unha reseña biográfica desta grande muller.


Naceu na Coruña en 1918, vivindo a nenez entre a cidade herculina e a Quinta de San Vitorio de Vixoi (Bergondo). O seu pai era o filósofo galeguista Xoán Vicente Viqueira e a súa nai, a pedagoga estremeña Jacinta Landa, irmá da famosa mártir antifranquista Matilde Landa. É a única dos tres fillos do matrimonio que naceu na Galiza. Aínda lembra que o seu pai elaborou un caderno-libro, con debuxos e textos, para lle ensinar a lingua galega. E os paseos que daba con el pola horta da Quinta, para aprender o nome das plantas e dos animais. Ao morrer de xeito prematuro o pai en 1924, a familia transladouse a Madrid, asistindo como fixeron antes os seus proxenitores á Institución Libre de Enseñanza. En 1935 iniciou os seus estudos de Bioloxía na Universidade. Pasaba os veráns coa familia en Vixoi ou nas praias próximas á parroquia de Ouces, á beira de Sada.

No verán de 1936 sorprendeulle á familia a sublevación fascista na casa de Ouces. Decidiron refuxiarse en Vixoi. Trataron de pasar desapercibidos co apoio dos veciños. Permaneceron agochados nove meses. En 1937, coa axuda dos cuáqueros, conseguiron ser rescatados por un destrutor inglés que arribou á Coruña. Foron trasladados a Franza, desde onde se dirixiron á zona republicana. A Jacinta encárganlle a creación de colonias-escolas para alonxar aos nenos da guerra. Luisa levará unha delas. Ofrécese voluntaria para acompañar a nenos que serían trasladados á URSS. Nunha aldea da rexión rusa de Kaluga crearían un internado escolar.

Cando se perde a guerra, enterados de que México abría as súas portas para todos os republicanos, a familia decide dirixirse alí. Xa no país azteca, Luisa denuncia por medio de mitins e propaganda o terror implantado na Galiza e no resto do Estado. En 1949 o seu marido, militante comunista, aparece morto nas aforas da Cidade de México cun tiro na cabeza, quedando viúva e con tres fillos. Nos anos cincuenta colabora cos galegos Luis Soto, Carlos Velo e Francisco Comesaña, participando na creación do Patronato da Cultura Galega de México.

Foi locutora do programa de radio en galego Hora de Galicia, de temática antifascista e de difusión da cultura e dos problemas galegos. Traballou activamente no chamado grupo galego do PCE con Lois Soto, que en 1964 participaría na creación da UPG, xunto co grupo Brais Pinto. Representou a Galiza no congreso Nais pola Paz celebrado en Viena. Nos anos sesenta deixou o PCE e implícouse na edición da revista Vieiros.

Voltou á Galiza por primeira e única vez en 1979. Despois de seis meses de estadía regresou ao exilio mexicano porque, segundo as súas palabras, “non podo voltar onde a miña vida foi truncada”. No México DF, unha activista cultural e política galega disque espera morrer pensando na súa Galiza.

 



 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197830

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 60 convidados en liña
martelopng.png