Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
19
Xan
2010
Unha Rua para Roxelio Groba

Unha Rua para Roxelio Groba

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Manuel Monge   

UNHA RÚA PARA ROXELIO GROBA

O 16 de xaneiro cumpre 80 anos

 Roxelio Groba dirixindo a orquesta de A Coruña

O sábado, 16 de xaneiro, cumpre 80 anos Roxelio Groba, unha das figuras máis destacadas da música galega, que foi director durante 23 anos da Banda Municipal da Coruña, dirixiu o Conservatorio durante 20 anos, a Coral Polifónica Follas Novas e a Coral El Eco.

   Pola súa traxectoria ao servizo da música e de Galicia, a Comisión pola Recuperación da Memoria da Coruña (CRMH), fixo a proposta de dedicar unha rúa da Coruña a Roxelio Groba (pode consultarse a relación das 112 rúas propostas, así como unha breve biografía, na nosa páxina web: memoriadacoruna.com). Pensamos que dedicarlle unha rúa da cidade é o mellor agasallo que pode recibir cando cumpre 80 anos.

   Está moi ben que o Pleno da corporación dedique unha rúa á “Ópera”, mais ¿non haberá que personificar esa palabra nunha persoa, como Roxelio Groba, que escribiu cinco óperas: María Pita, Divinas Palabras, Camiños de Rosalía, Floralba e Pedro Madruga? A CRMH vai dirixirse ao Conservatorio Superior de Música da Coruña, entidades musicais e artísticas da Coruña para que apoien esta petición.

Breve biografía que acompañou a CRMH no escrito dirixido ao alcalde: 
  


ROXELIO GROBA. Naceu en Ponteareas en 1930. Estudou no Real Conservatorio de Música de Madrid, onde obtivo o título Superior en Composición, con primeiros premios en Harmonía e en Contrapunto e Fuga. Dirixe as bandas municipais de A Estrada, Tui e Ponteareas. En 1962 trasladouse a Suíza, obtendo o Premio Internacional de Composición Dante Luini, convocado pola Radio Televisión Suisse Romande. De regreso a Galicia é nomeado director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña en 1967, cargo que exerceu durante 23 anos ata 1990. Funda a Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e a Orquestra de Cámara Municipal; no devandito Conservatorio, que tamén dirixiu durante 20 anos, foi profesor de Contrapunto e Fuga, Harmonía e Composición. Dirixiu a Coral Polifónica Follas Novas e a Coral El Eco. Ten máis de 500 obras catalogadas –música sinfónica, de cámara, coral, para piano, etc.- entre elas: 10 cantatas, 7 sinfónicas, 5 óperas (entre elas María Pita) e unha ópera infantil, unha “Misa gallega”, un “Requiem”, 19 concertos. Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), Medalla Castelao (1995), Galego do Ano (2002), Premio Internacional de Composición Auditorio de Galicia (2004). É membro da Real Academia de Belas Artes de Galicia, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid e do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.

http://www.fundacionrgroba.com/

Un cordial saúdo.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2010



 
Domingo, 05 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4736

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1192740

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 79 convidados en liña
martelopng.png