A CRMH da Coruña inicia o proceso para a elección da nova Xunta Directiva En outubro de 2009 rematou o mandato da actual Xunta Directiva da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que, segundo os estatutos, é de dous anos. - A Asemblea da CRMH do 5 de novembro de 2009 aprobou o proceso e calendario para a elección da nova Xunta Directiva.
- A Asemblea para a elección da Xunta Directiva será o 17 de decembro e establécese de prazo ata o 5 de decembro para a presentación de candidaturas. Nesta Asemblea será sometido a debate a Xestión da Xunta Directiva, así como os balances e contas anuais.
- A Asemblea celebrada o 5 de novembro aprobou tamén o seguinte regulamento:
REGULAMENTO PARA A ELECCIÓN DA XUNTA DIRECTIVA
1. Todas as socios e socios recibirán o Regulamento aprobado, por escrito, correo ordinario ou e-mail, cos prazos concretos do proceso electoral.
2. Ábrese un prazo de quince días para a presentación de candidaturas de Xunta Directiva no noso local (CUR de Riazor) ou por e-mail ao Secretario da CRMH.
3. Poderán formar parte desas candidaturas as persoas que teñan solicitada a súa afiliación como socias ou socios ata a data de convocatoria da Asemblea. Corresponde á Secretaría da CRMH a elaboración do censo correspondente.
4. As distintas candidaturas preséntanse como equipos de traballo, asumindo unha responsabilidade colectiva ante toda a afiliación e cun programa de actuación. Cada candidatura levará a sinatura de todas as candidatas e candidatos que formen parte dela.
5. Cada candidatura estará formada por 11 persoas, encabezada por quen aspira á Presidencia, con indicación das responsabilidades recollidas nos estatutos da CRMH (Secretario, Finanzas) e vocais (artigo 6).
6. As distintas candidaturas terán de prazo ata 24 horas antes da celebración da Asemblea para notificar as modificacións á mesma 7. Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Xunta Directiva enviará a todas as socias e socios, para facilitar a súa información, as candidaturas recibidas e o seu programa, se é presentado por estas.
8. Ao comezo da Asemblea, e para facilitar a votación, estarán a disposición das persoas asistentes as papeletas das distintas candidaturas. Só poderán exercer o dereito ao voto as socias e socios presentes na Asemblea e que presentaron a súa ficha de afiliación antes da convocatoria do proceso electoral para a elección da Xunta Directiva.
9. O voto será secreto e na convocatoria da Asemblea figurará o horario para emitir o voto que será, como mínimo, de media hora. Antes do proceder a votar haberá que presentar o documento de identificación e comprobar que está no censo de asociadas/os.
10. As persoas que encabecen as distintas candidaturas, disporán na Asemblea dun tempo máximo de vinte minutos para presentar a súa candidatura e programa. A orde de intervención será por sorteo.
11. Feito o reconto dos votos emitidos, por parte do Secretario e un representante de cada candidatura, será elixido como Presidente quen encabece a candidatura máis votada. A asignación dos 11 postos na Xunta Directiva das distintas candidaturas será por reparto proporcional, segundo os votos obtidos, sobre o total de votos válidos. O Secretario levantará acta do escrutinio.
Moitas grazas pola vosa atención.
Un cordial saúdo.
|