Páxina 1 de 2 112 rúas para A Coruña 
O 7 de setembro de 2009 foi un día histórico para A Coruña porque o pleno da corporación municipal aprobaba sen votos en contra (votos a favor dos grupos municipais do PSOE e BNG e abstención do PP) a retirada de máis de 50 símbolos da ditadura. Xa non ostentamos o vergoñento título de Capital da simboloxía franquista
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), que estivo durante estes anos á cabeza da información e mobilización cívica para acabar con esta vergoña, quere continuar coas súas propostas construtivas e pon a disposición dos grupos municipais, e da opinión pública, estas “112 rúas para A Coruña”, para cando haxa que substituír as rúas franquistas eliminadas ou poñer os nomes ás novas rúas. Respectamos e valoramos outras propostas que, sen dúbida, serán presentadas nos próximos meses por parte de particulares ou asociacións, que poden coincidir coas nosas.
Facéndonos eco das declaracións do Alcalde, Javier Losada, no sentido de recuperar os nomes tradicionais, esperamos que o Goberno municipal rectifique, suprima a rúa franquista de Disciplina e recupere para Monte Alto o seu nome tradicional de Liberdade. Igualmente, que se recuperen, entre outras, as rúas tradicionais Do Socorro (hoxe Juan Canalejo), Costa da Unión (hoxe Tenente xeneral Gómez Zamalloa),etc.
Historicamente non se tivo en conta ás mulleres á hora de colocar o nome de novas rúas, que ocupan hoxe menos do 5% do nomenclátor actual. Consideramos que hai que acabar con esta lamentable situación e recuperar a igualdade: nas novas rúa debe haber, como mínimo, o mesmo número de mulleres que de homes. Incluímos na relación a trinta mulleres, que figuran sempre ao principio de cada apartado
Facemos un agrupamento das 112 rúas en diversos apartados; é evidente que se poden facer outros moitos agrupamentos, xa que algunhas persoas teñen múltiples perfiles: poden ser socialistas, mais tamén republicanos; significadas persoas da cultura e galeguistas; afiliados á CNT e dirixentes comunistas, etc.
Estas propostas teñen un carácter educativo –están a disposición dos centros de ensino- e poden axudar a coñecer mellor a historia da Coruña, de Galicia e da humanidade.
Esperamos que este traballo -que recolle achádegas de historiadores, asociacións e diversos sectores sociais- teña unha boa acollida por parte da corporación municipal e das entidades e institucións da Coruña.
Esperamos tamén a máxima divulgación destas breves biografías por parte dos medios de comunicación, para que cheguen a coñecemento da cidadanía coruñesa e das futuras xeracións.
RECUPERACIÓN DE NOMES TRADICIONAIS, CAMBIADOS POLO FRANQUISMO
Juan Canalejo Do Socorro General Sanjurjo Avenida dos Castros Tenente Coronel Teijeiro Antón Vilar Ponte Comandante Barja Nicolás Salmerón (Presidente da I República,1873) Tenente General Gómez Zamalloa Costa da Unión Millán Astray Praciña do Cuartel de Atocha Castillo de Olite Campo dos Tornos Plaza General Mola Praciña da Fonte de San Andrés ou Fonte da Fama Rúa General Mola Calexón ou Venela do Perete (de Olmos a Real) Cánovas Lacruz Praciña do Parrote ou do Cárcere *Calvo Sotelo Riazor *Primo de Rivera Mártires de Jaca *Cabo Ponte Anido Do cemiterio *Disciplina Liberdade
(*) Aínda non se aprobou o cambio de nome
EFEMÉRIDES, HISTORIA
Inés de Ben (defensora da cidade) 8 de marzo (Día Internacional da Muller) 10 de Marzo (Día da clase obreira galega) Galiza Martir (17 de agosto) 28 de xuño (aprobación do Estatuto de Autonomía en 1936) 1º de maio (Xa existía este nome antes da Ditadura) Dignidade (13 novembro-Prestige) Irmandades da Fala Roi Xordo Irmandiños Parque dos mortos do Portiño (onde estaba o vertedoiro de Bens) Mártires de Carral (xa existía este nome antes da Ditadura) “El resplandor en el abismo” (ateneo libertario da Silva) “Germinal” (Centro de Estudos Sociais) “La nueve” (compañía de republicanos españois, que liberou París) “Batallón Galicia” (unidade militar fundada en setembro de 1936 por refuxiados e residentes galegos na Asturias republicana
VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA Mercedes Romero Abella “La Corales” (Basilisa Álvarez González)
COMBATENTES REPUBLICANAS Henriqueta Otero Blanco Marciana Pimentel Esperanza Rodríguez Gómez
RESISTENCIA ANTIFRANQUISTA, GUERRILLEIROS Manolito Bello Xosé Gómez Gaioso Antonio Seoane Sánchez Benigno Andrade García “Foucellas” Manuel Ponte Pedreira EXILIO
María Miramontes Matos Syra Alonso María del Amparo Alvajar López
SINDICALISTAS Rosario Vizoso Serantes Consuelo Meitín Rodríguez Consuelo Rabuñal Suárez Benito Couceiro Gómez Jacinto Méndez Esporrín Juan No Iglesias Eugenio Carré Naya
CULTURA, CIENCIA, PROFESIONAIS María Antonia Dans María Valverde María Luísa Nache María del Carmen Corredoira María Dolores Díaz Baliño Isabel Martínez-Barbeito y Morás Maruxa Mallo Ofelia Nieto Luisa Villalta Ángeles Alvariño González Marie Curie María Josefa Wonenburger Planells María Luz Morales Godó Milagros Rey Hombre Rigoberta Menchú Pedro Antonio Sánchez Vaamonde Antolín Faraldo Benito Vicetto Pérez Xoán Vicente Viqueira Cortón Manuel Lugrís Freire Pintor Maside Eduardo Blanco Amor Celso Emilio Ferreiro Irmáns de la Iglesia González Ramón Otero Pedrayo Leandro Carré Alvarellos Uxío Novoneyra Ricardo Carballo Calero Jenaro Marinhas del Valle Manuel María Luis Caruncho Manuel Lourenzo Manuel Rivas Roxelio Groba Raimundo Patiño Mancebo Emilio Fraga Lago Juan Rodríguez Sardiña Antonio Tenreiro Rodríguez
IRMANDADES DA FALA, GALEGUISTAS Elvira Bao Maceiras Amparo López Jean Ánxel Casal Gosenxe Víctor Casas Rey Plácido Ramón Castro del Río Ramón Suárez Picallo Xenaro Ruano Sanjurjo
ANARQUISTAS, SOCIALISTAS, COMUNISTAS, REPUBLICANOS José Moreno Torres Xosé Boedo Manuel Montes Don Manuel Seoane Díaz Ramón Maseda Reinante Xesús Lorenzo Varela Manuel Escariz Bugallo Pi i Margall José Martínez Fontela MOVEMENTOS CÍVICOS, DEREITOS HUMANOS
Elisa e Marcela Tomás Fábregas Henrique Aller Moncho Valcarce Marcelino Liste Vicente Ferrer
INSTITUCIÓNS
Real Club Deportivo Luis Suárez Miramontes
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|