Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
06
Ago
2009
“Liberdade" para Monte Alto
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rubén Afonso   

“Liberdade" para Monte Alto

Queren roubarnos a rúa “Liberdade”

Barrio de Monte Alto

A Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña inician unha campaña para reivindicar a rúa “Liberdade” para Monte Alto.

A rúa “Liberdade” está ligada desde hai máis de cen anos á historia do barrio de Monte Alto. Pouco despois de producirse o levantamento militar fascista contra o goberno constitucional e lexítimo da República, a corporación municipal, que presidía o capitán Fuciños como alcalde, tomaba o 18 de setembro de 1936 o acordo de cambiar o nome de numerosas rúas, entre elas a rúa “Liberdade”, que é substituída por “Disciplina”.

Fixeron este cambio porque o nome que tiña “pugna abiertamente con el actual movimiento glorioso salvador de España”, según figura na acta da sesión. O réxime franquista deixaba claro desde o primeiro momento que non quería nada de liberdade e que na ditadura só había sitio para a man dura e a represión.


A Lei da Memoria Histórica abre a posibilidade de eliminar a simboloxía franquista, como a rúa “Disciplina”, e de recuperar o nome tradicional de “Liberdade”, pero o Goberno municipal toma a lamentable decisión de levar a rúa Liberdade ao barrio de Vioño, onde non vive aínda ninguén.

Estamos, xa que logo, ante un auténtico roubo, que non podemos permitir. Por iso a Asociación de Veciños e a CRMH iniciarán unha campaña informativa, recollerán firmas e realizarán diversas actividades para que o concello rectifique e devolva a rúa “Liberdade” onde sempre estivo, é dicir, no barrio de Monte Alto.

A Coruña, 4 de agosto de 2009

Recibide un cordial saúdo.

Asdo.

Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña



Arquivos adxuntos
ArquivoDescriciónTamaño
 Cartaz_A3_LiberdadeMonteAlto.pdfCartaz da campaña Liberdade para Monte Alto promovida pola Asociación de veciños e maila CRMH1301 Kb
 
Domingo, 05 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4736

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1192715

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 66 convidados en liña
martelopng.png