Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
20
Xu
2009
A CRMH da Coruña celebrará a apertura do Pazo de Meirás
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rubén Afonso   

A CRMH da Coruña celebrará a apertura do Pazo de Meirás

En tempos de crise, e para abaratar custes de mantemento, a familia Franco debe abandonar xa o Pazo de Meirás.

Vista do Pazo de Meirás

A CRMH da Coruña celebrará a apertura do pazo organizando excursións gratuitas en autobús e visitas guiadas, entregará un folleto informativo aos visitantes, que levará por título: O roubo do Pazo de Meirás.

Perante a resolución do Tribunal  Superior de Xustiza de Galicia desestimando a petición da Familia do ditador Francisco Franco para suspender a declaración do pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña manifesta a súa satisfacción e espera que a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia proceda, de inmediato, a sinalar os días de visita obrigatoria.


Se a familia Franco continúa coa súa estratexia de impedir o acceso do público, a Xunta de Galicia debería tomar cartas no asunto e aplicar as sancións correspondentes, previstas na Lei

Ante as alegacións da familia no recurso desestimado –dicían que a apertura ao público aumentaría os gastos de vixilancia e seguro de accidentes- a CRMH aconsella á familia do Ditador que en tempos de crise hai que reducir os custes de mantemento das propiedades; e que, neste caso, o mellor é que marchen e devolvan o pazo de Meirás ao patrimonio público.

Cando coñezamos os días de apertura, a CRMH organizará excursións gratuítas en autobús a Meirás para que as persoas interesadas poden coñecer o interior do pazo de Meirás. Para que a familia Franco non teña ningún gasto, poñeremos nós os guías profesionais, que expliquen a historia do pazo. E para facilitar a información entregaremos ás visitas un folleto informativo, que se titulará: O roubo do pazo de Meirás, lembrando cómo o pazo foi doado, daquela, ao xefe do Estado, despois do cobro dun “imposto revolucionario” –como fai hoxe a organización terrorista ETA- que se descontaba aos traballadores da súa nómina, utilizando todo tipo de chantaxes e coaccións.

Como sempre, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña realizará estas actividades de forma festiva e pacífica, sen alterar a orde pública e sen danar o pazo de Meirás porque somos os primeiros interesados na súa boa conservación para cando consigamos a súa devolución ao patrimonio público.



 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197738

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 59 convidados en liña
martelopng.png